Parking, pago con tarxeta, reservas (de luns a xoves pódese reservar a calquera hora e de venres a domingo soamente ata as 21:00 h), acceso para discapacitados, aseos adaptados, tronas, cociña ininterrompida, menú degustación, menú para grupos, menú vexetariano ou sen glute, bebidas quentes e frías para levar, comidas a domicilio, actividades especiais (celebración de aniversarios).
Situado no centro Vilagarcía, á beira do recinto feiral Fexdega, esta franquía ofrece promocións como a garantía de que se a pizza non está lista para recollela na hora pactada, regálanlla. Tamén é un bo lugar para celebrar aniversarios.