Pago con tarxeta, reservas, wifi, acceso para discapacitados, carta en braille, menú infantil baixo petición, tronas e cambiador para nenos, terraza, menú para grupos, menú vexetariano ou sen glute baixo petición, comida por encargo a recoller en local, espectáculos.
Localizado na zona peonil do Castro, ofrece unha ampla carta de cociña tradicional cun toque innovador, na que destacan os produtos da ría de Arousa, exquisitas carnes e unha selecta adega.