Hotel situado nas inmediacións de Carril e como o seu propio nome indica a tan só 50 m da praia da Compostela e do seu paseo marítimo, que ao longo de case dous quilómetros une Carril con Vilagarcía.
As súas habitacións están totalmente equipadas con baño completo, secador de pelo, televisión de pantalla plana de 32”, teléfono, calefacción e fío musical. Gozan dunhas bonitas vistas cara á ría de Arousa ou cara á piscina cuberta de auga salgada (aberta desde Semana Santa ata principios de novembro) con fervenza, dúas camas de masaxe e jacuzzi no seu interior. O hotel conta tamén con cafetería privada, salón de reunións e conexión WIFI e parking gratuítos.