Vilagarcía pertence á Denominación de Orixe Rías Baixas, unha das de maior –e xusta- fama en España, non en balde foi tamén pioneira na organización e sinalización da súa Ruta do Viño.
No municipio é posible visitar tres adegas, as tres en mans familiares: Maior de Mendoza, Pazo de Rubianes e Eladio Piñeiro. Dáse a circunstancia de que as tres adegas bordean o termo municipal.
está ao norte, nas saias do monte Xiabre, o que lle confire un valor engadido: desde a adega hai unhas espléndidas vistas sobre a ría de Arousa. Os seus propietarios foron pioneiros na moderna vitivinicultura do Salnés –a principal subzona da D.O.- e tamén na elaboración de albariño sobre leas, o que lle valeu numerosos premios nacionais e internacionais, entre eles o de mellor viño branco español no International Wine Challenge. Con máis 150.000 botellas ao ano, é a principal das adegas vilagarciás.
Áchase en centro do límite este do municipio. Ademais de posuír unha enorme plantación –a maior do Salnés- que é facilmente identificable, Rubiáns reforza a súa oferta co feito de que todo xira ao redor dun pazo que se pode visitar, con salóns cargados de historia e recordos de visitas reais, do mesmo xeito que os seus xardíns, declarados de excelencia internacional polas súas máis de 800 variedades de camelias. Os seus viños teñen a característica de que son “de pago”, é dicir, elaborados única e exclusivamente coas uvas que se producen nos viñedos que rodean o pazo, sede do único Señorío que existe en Galicia.
Por fin, a adega familiar Eladio Piñeiro emprázase en Vilaxoán, na fronteira sur do municipio. Como en Maior de Mendoza, tamén desde aquí pódese admirar a ría. Pero o mellor está no seu interior e na súa forma de facer. A familia Piñeiro ten tras de si unha longa tradición vitivinícola, que traslada aos seus caldos, fieis ao “terroir” e presentados con exquisito deseño, ata o punto de que a súa comercialización faise a través de “reserva privada”.
En calquera caso, se o bo beber está garantido, o bo comer non queda atrás. Pero antes de deixarse levar polas suculentas tentacións que nos ofrecen os restaurantes de Carril, de Vilagarcía e de Vilaxoán, sempre con produtos de mercado e da ría, mellor é achegarse a esas provocacións aos sentidos no seu medio natural.
Poderá facelo participando dunha ruta marisqueira en Carril, onde vostede mesmo poderá colleitar ameixas e berberechos; poderá facelo tamén achegándose en barco ás bateas de mexillón ou alí onde se practican as artes pesqueiras para capturar lampreas, anguías e outros peixes da ría; e poderá facelo, por fin, visitando a conserveira tradicional de “Os Peperetes”, en Carril, onde comprobará o mimo que se pon en converter unha vianda recentemente chegada do mar de Arousa nunha conserva delicatessen.
Unha visita á lonxa de Carril é o complemento perfecto para achegarse á realidade produtiva da ría, do mesmo xeito que á praza de abastos de Vilagarcía, onde aromas, sabores e cores mestúranse nunha paleta que lle será difícil esquecer.
E xa se quere subir a nota, non dubide en visitar calquera das seis gastrotendas que hai na cidade. Todo o que viu e viviu antes poderá levalo á súa casa para estender o recordo: viños, conservas, pastas, marmeladas, infusións…
todo coa alta calidade que certifica a ría máis produtiva do mundo e unha das denominacións de orixe máis reputadas do panorama vitivinícola internacional.
Por último, se coinciden durante a súa estancia, non deixe de visitar a Feira das Tapas (setembro) ou a Feira Independente do Viño “Castes” (novembro). En calquera das dúas vai decatarse do que é bo.