Mercar

Vivirla para conocerla, comprar

En confianza

Unha peza dalgunha franquía internacional, ou un “resto de boutique” do mercadiño? A rapidez e o “todo a man” dunha gran superficie, ou a calidez e o saber vivir e vender dunha tenda de toda a vida? En Vilagarcía todo é posible. Desde deixarse levar pola aparente improvisación dun mercado que se celebra desde 1744, ata ser seducido por escaparates que anuncian que “esta casa” foi fundada fai máis de cen anos. Desde os produtos de gran consumo ata as tendas delicatessen ou as verduras e peixes recentemente colleitados que se venden na praza de abastos. Pero sempre en confianza.

Praza e mercado

O mercado celébrase os martes e os sábados, salvo que sexan festivos, nese caso adiántase un día. Os postos instálanse no tramo urbano comprendido entre a rúa Alexandre Bóveda e a praza Martín Gómez Abal, pasando pola avenida da Mariña, praza de Doutor Carús e varias rúas do Castro. Trátase do mercado máis importante da comarca, o máis concorrido e tamén o máis antigo: o dos martes foi unha concesión do rei Felipe V a don Antonio José Mendoza e Caamaño, III marqués de Vilagarcía e vicerrei do Perú, en 1744, para compensar a continua leva de vilagarciáns para a Armada. Desde entón vén celebrando ininterrompidamente.

A praza de abastos abre de luns a sábado pola mañá. As súas instalacións divídense en dous edificios contiguos, un dos cales está dedicado exclusivamente á venda de froitas e verduras cultivadas polas propias vendedoras; o outro, dispón de carnicerías, postos de queixo, pan e ovos na parte superior, e unha magnífica praza de peixes e mariscos frescos da ría na inferior.

Na parte alta da praza de abastos ofrecen a posibilidade de que nos cociñen o produto fresco que acabamos de comprar.

Zona comercial

A zona comercial da cidade abarca desde o pazo de Vistalegre ata a rotonda do Ramal, e comprende varias rúas e prazas peonís. A oferta é abundante e moi variada. No campo da moda, conta con comercios de gran tradición, tendas especializadas en determinados estilos (surfer, hippie, hip- hop, etc.) e franquías de marcas nacionais e internacionais. No ramo da alimentación, hai representación das principais cadeas de alimentación nacionais e internacionais, xunto a ultramarinos de atención personalizada e tendas de delicatessen. O visitante ten en Vilagarcía practicamente todo o que pode necesitar. Moitos destes pequenos comercios pertencen á asociación Zona Aberta.

Así mesmo, a cidade conta cun centro comercial situado nas inmediacións do parque da Xunqueira. O centro abre de luns a sábado, de 10 a 22 horas. Ademais dun hipermercado, no seu interior sitúanse bares, cafeterías e tendas de diversos sectores. Os clientes dispoñen de estacionamento subterráneo e facilidades de acceso para os discapacitados físicos.

Gastrotendas

Para os amantes do natural, o ecolóxico ou simplemente dos sabores de outrora, a Vilagarcía do século XXI ofrece tamén tendas delicatessen que lembran aos antigos ultramarinos, onde a relación entre os clientes e o persoal era máis próxima e primaba a calidade do produto. Aquí poderá achar selectos aceites, conservas, marmeladas, produtos caseiros e especias ata coidados produtos naturais para veganos ou celiacos, pasando por tés e todo tipo de infusións premium e chocolates e pastas artesáns.

OS PEPES

Conservas, viños, aceites, mermeladas, patés.

Ultramarinos de gran tradición na vila, xa que abriu as súas portas en 1950. Ofrece produtos delicatessen e orixinais, cun servizo personalizado ao cliente. A súa adega conta con infinidade de caldos de todas as denominacións de orixe máis recoñecidas a nivel mundial. Ademais está especializado en chocolates, marmeladas, galletas e todo tipo de produtos galegos.

  • Arzobispo Lago, 23, 36600 Vilagarcía de Arousa.
  • T 986 500 457
  • Luns a venres, de 9:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h; sábados, de 9:00 a 15:00 h
    Días de descanso: Sábados pola tarde e domingos.
  • Pago con tarxeta

TETERETA

Tés e infusións, chocolates artesáns, pastas artesás, marmeladas e produtos delicatessen relacionados coa hora do té.

Nesta coqueta tenda atoparemos gran variedade de tés calidade premium, procedentes directamente desde as súas plantacións de orixe, así como pastas artesanais, marmeladas e chocolates, ademais de todo o enxoval necesario para gozar dunha saborosa infusión.

  • Rúa Cobián, 2 baixo -36600 Vilagarcía de Arousa.
  • T 636 422 317
  • Luns a venres, de 10:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:30 h; sábados, de 10:30 a 14:00 h. Nos meses de inverno si abre as tardes do primeiro sábado de cada mes
    Días de descanso: Sábados pola tarde e domingos.
  • Pago con tarxeta, wifi, bebidas quentes e frías para levar, actividades especiais (catas, cerimonia do té, talleres)

A TENDA DE MÓNICA

Conservas.

Situada en plena alameda, ofrece gran variedade de produtos galegos, entre os que destacan as marmeladas artesanais, as conservas da zona e os viños albariños.

  • Méndez Núñez, 17.
  • T 604 022 955 / 986 500 347
  • De 10:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h
  • Pago con tarxeta

BEMBÓ

Alimentación vegana e celiacos.

Tenda de alimentación como o antigas pero centrada nas necesidades alimentarias actuais e cuxa aposta principal é o produto galego.

  • Avda. da Mariña, 26.
  • T 986 508 964
  • Inverno. De luns a venres, de 10:00 a 15:00 e de 18:30 a 20:30 h; sábados, de 10:00 a 14:30 h. No verán, de luns a venres, de 10:00 a 15:00 e de 19:30 a 21:30; sábados, de 10:00 a 14:30 h.
    Días de descanso: Domingos
  • Pago con tarxeta, reservas, wifi, menú infantil, menú para grupos baixo petición, menú vexetariano e sen glute, bebidas quentes e frías para levar, comidas por encargo a recoller en local, actividades especiais (cursos de cociña, cátering, catas, presentación de produtos).

AUGAMARE

Almorzos, aperitivos e picoteo de tarde.

Gastrotenda con encanto e coidada decoración. Os seus produtos poden degustarse no propio establecemento ou na terraza, que goza de estupendas vistas sobre a illa de Cortegada e os viveiros de ameixa.

  • Avenida Valentín Viqueira, 6, Carril. 36610-Vilagarcía de Arousa.
  • T 617 917 635 / 609 894 049
  • De luns a martes, só de mañá, de 9:30 a 15:00 h; de xoves a domingo, de 9:30 a 15:00 h e de 19:00 a 00:00 h.
  • Pago con tarxeta, acceso para discapacitados, aseos adaptados, terraza, menú para grupos, menú sen glute, actividades especiais. Especialidade en almorzos.
  • 25

O GRANEIRO DE AMELIA

Venda a granel de especias, herbas medicinais, infusións, cafés, froitos secos, fariñas e grans.

Tenda especializada na venda de produtos a granel: pastas artesás, fariñas e sémola, grans e legume, froitos secos e chocolates, especias, herbas medicinais e tés, café queixos, conservas e licores.

  • Conde de Vallellano, 11
  • Lunes a viernes, de 9:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h
    Días de descanso: Sábados, de 9:00 a 15:00 h
  • Pago con tarxeta
  • http://www.ograneirodeamelia.com/
X