Precisamente pola súa privilexiada posición, no medio da costa atlántica, Vilagarcía é un lugar ideal para establecer o “centro operativo” dunhas vacacións inesquecibles en Galicia. Vilagarcía, cuxas festas están declaradas “de interese turístico nacional” (procesión de San Roque, Festa da Auga, Festa da Ameixa de Carril, Revenidas de Vilaxoán, Festiclown, Combate Naval…), está a pouco máis de media hora de Santiago (Patrimonio da Humanidade) e de Vigo, coa súa oferta comercial e lúdica; a unha hora da Coruña; a 25 quilómetros de Pontevedra, a capital provincial; a 12 de Cambados (Festa do Albariño e conxunto histórico); a 30 do Grove (Festa do Marisco) e A Toxa (Gran Hotel e Balneario); a 8 de Catoira (Romaría Viquinga); a 25 de Sanxenxo (capital do turismo galego); e a pouco máis dunha hora de Portugal por autovía.