Festas

Vivirla para conocerla, visitar

Desde 1698, cando se creou a confraría de San Roque, ata hoxe pasou tempo máis que suficiente para que as festas de Vilagarcía alcanzasen o xusto título “de interese turístico nacional”. A coñecidísima “festa da auga”, o “combate naval”, festival pirotécnico de máis de 150 anos de antigüidade, as mostras gastronómicas da ameixa, das sardiñas “revenidas” ou dos cogomelos, pero tamén celebracións populares como os entroidos, os “maios”, a “noite das meigas” ou a cada vez máis concorrida toma das uvas ás 12 do mediodía do 31 de decembro, conforman unha oferta lúdica difícil de superar.

San Roque

As festas patronais de Vilagarcía, declaradas de Interese Turístico Nacional, celébranse durante 10 días en torno ao 16 de agosto, San Roque.

Neste día sucédense dous eventos singulares. Un, de carácter relixioso, consiste no traslado do santo desde a igrexa parroquial á capela que leva o seu nome. Miles de fieis acompañan ao santo de Montpellier neste percorrido, que a imaxe realiza movéndose ao son do pasodobre “Triunfo”.

Festa do Agua

Unha vez recollido o santo, comeza o outro evento, máis lúdico: a festa da auga. Miles de nenos, novos e non tan novos percorren as rúas ao berro de “auga!” ou, directamente, “aquí non chega!”, co que convidan os veciños a que os refresquen. Cubos, mangueiras, botellas… calquera dispositivo é válido. E por se iso non é suficiente, á batalla súmanse os camións de bombeiros e protección civil. A festa, animada por espontáneos augadores e charangas, non termina ata primeiras horas da tarde.

 

La fiesta del agua, a la que acuden cada año más de 30.000 personas, ha recibido el reconocimiento no sólo nacional sino también internacional, al figurar en multitud de webs que recomiendan las mejores fiestas de España. Hasta la propia Unesco, en una publicación sobre el Día Internacional del Agua, ha recogido la tradición festiva vilagarciana.

Festiclown

En calquera caso, San Roque é moito máis que a Festa da Auga. Durante toda a semana celébrase o Festiclown, un festival rueiro que reúne a algúns dos mellores espectáculos de clown do panorama internacional. Igualmente, celébrase unha Semana de Cinema, hai concertos gratuítos e numerosas actividades de animación para todos os públicos.

O Combate Naval

As festas rematan co Combate Naval, un festival pirotécnico con máis de 150 anos de antigüidade que rememora o asalto ao porto do Callao (Perú) en 1866. Na contorna de San Roque celébranse, igualmente, a Festa da Ameixa de Carril e o Festival das Revenidas de Vilaxoán, no que se combina a tradición gastronómica das sardiñas asadas e concertos de música. O ciclo festivo do patrón péchase coa Noite das Meigas, no último sábado de agosto.

 

Santa Rita

As celebracións para honrar a esta santa italiana, cuxa imaxe se venera na igrexa-convento de Vistalegre, teñen lugar o 22 de maio (festivo local) e son o punto de partida da maratón lúdico-festiva que durará ata setembro.

Santa Rita de Casia goza de gran devoción entre os vilagarciáns e veciños de todo O Salnés, que recorren á “avogada dos imposibles” para que lles axude a resolver os seus problemas. As celebracións teñen marcado carácter relixioso: desde moi temperán e durante todo o día celébranse misas no templo ás que acoden centenares de fieis de toda a comarca. Pola tarde, ten lugar unha multitudinaria procesión que percorre as principais rúas da vila. Unha feira celta na contorna do convento, concertos e verbenas complementan o programa.

Carril

Xullo é o mes festivo por excelencia na vila mariñeira de Carril. O Carme (16 de xullo), O Apóstolo (25 de xullo) e San Fidel (domingo seguinte ao Apóstolo) son as tres citas principais, ás que hai que engadir a celebración de San Roque (16 de agosto).

A moi antiga danza das espadas no Apóstolo e os xigantes e cabezudos son dous símbolos distintivos da vila.

Vilaxoán

 Vilaxoán celebra o sábado e domingo seguintes ao 16 de xullo as festas do Carme. Cando é posible realizala, a procesión marítima é un dos actos máis vistosos. Na vertente máis lúdica, cabe citar a celebración do “Vilaxoán canta”, un certame no que os veciños fan gala dos seus dotes para o canto, formando un multitudinario coro.

A segunda festa de Vilaxoán celébrase terminado o verán: O Rosario, que dá nome á confraría. Os festexos teñen lugar o primeiro domingo de outubro e pechan o ciclo festivo do verán en Vilagarcía.

Fiestas gastronómicas

Gozar da boa mesa utilizando como materia prima os produtos da terra do Salnés e o mar de Arousa é a razón que impulsa aos organizadores das diversas festas gastronómicas que teñen lugar en toda a comarca. En Vilagarcía celébranse tres, tan distintas coma complementarias.

Almeixa de Carril

SEGUNDA QUINCENA DE AGOSTO
O bivalvo máis identificativo de Carril é o protagonista desta festa gastronómica que se celebra na segunda quincena de agosto. Organízana a Confraría de Pescadores e a Agrupación de Parquistas, que explotan os viveiros.

Más información

A festa, declarada de Interese Turístico de Galicia en 2014, conta con pregón propio, desfile de confrarías gastronómicas e actividades de animación, entre os que destaca un concurso popular de pratos que han de ter como base a ameixa que a propia organización pon a disposición do participante, pero o groso da festa concéntrase, con todo, na degustación popular de miles de racións de ameixas á mariñeira regadas co albariño dunha adega local.

Revenidas de Vilaxoán

SEGUNDA QUINCENA DE AGOSTO
Vilaxoán ten tras de si unha gran tradición mariñeira. De aí esta festa ao redor das “revenidas”, sardiñas recentemente pescadas que, deixadas en sal durante varias horas, son logo asadas e degustadas popularmente acompañadas de pan de millo e albariño.

Más información

Todo no parque de Dona Concha, á sombra e vendo o mar. A festa compleméntase cun festival de música no que se aposta polas bandas galegas, a acompáñanas outras do panorama nacional e internacional. Unha zona de acampada xunto á praia do Preguntoiro, un festival de circo solidario, showcookings e unha feira de artesanía conforman, coa gastronomía popular, unha oferta singular para todos os públicos.

Otoño Micolóxico

SEGUNDA QUINCENA DE NOVIEMBRE
Organizada pola agrupación micolóxica A Cantarela, é unha gran oportunidade para coñecer os cogomelos, un produto aínda pouco utilizado en Galicia a pesar da riqueza micolóxica dos nosos montes.

Más información

Ten lugar na segunda quincena de novembro e desenvólvese en dous escenarios: a Praza da Peixaría e o Auditorio. Exposicións, charlas, concurso de cociña e saídas micolóxicas forman un cartel que conclúe cunha degustación de pratos cuxa base principal son os cogomelos, a prezos populares e no segundo domingo de novembro.

Festas populares

Ademais das festas patronais de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán, e das estritamente gastronómicas, no municipio celébranse outras catro de gran contido popular e, por tanto, cunha masiva participación. Tres se enraízan nunha longa tradición galega –Entroido, “Maios” e “Noite das Meigas”- e unha –as uvas do 31 de decembro- leva camiño de converterse nunha nova tradición.

Entroido

O Entroido, festa de fondas raíces no mundo católico, ofrece por unhas horas a oportunidade de transgredir a orde social e divertirse sen molestias. A pesar de que cada ano son máis habituais os disfraces moi traballados, non fai falta máis que roupa vella e algo de imaxinación para participar na festa, converténdose nun “choqueiro”. O entroido conclúe co popular “enterro da sardiña”, que anuncia o comezo dunha nova etapa.

Maios

A Festa dos “ Maios” celébrase o día primeiro do mes das flores. Recuperando unha tradición galega, organízase unha exhibición dos mellores “maios”, composicións que se fan con flores, herba, fentos, froitas e ovos como materiais máis habituais, todo iso acompañado por enxeñosas letriñas. Normalmente, celébrase na no Parque Miguel Hernández, salvo que o tempo non o permita, nese caso trasládase á Praza da Peixaría.

Noite das meigas

É a despedida do verán. Á noitiña da última fin de semana de agosto, as principais rúas do centro urbano pobóanse de espíritos, que ao son da música e de representacións teatrais rueiras, buscan os lugares onde poder degustar gratuitamente a queimada que lles reconforte o ánimo.

Uvas do 31 de diciembre

Os vilagarciáns que o desexan reúnense na praza de Ravella para celebrar xuntos a despedida do ano. As uvas, repartidas gratuitamente, do mesmo xeito que o cava, as grilanda e os confettis, tómanse ao son das badaladas da casa consistorial. Pero non ás 12 da noite, senón ás 12 do mediodía.

X