Hai outra forma de coñecer Vilagarcía e é a través das súas manifestacións culturais. O Auditorio municipal, obra de César Portela, premio nacional de Arquitectura, ten capacidade para 754 persoas. Desde a súa apertura, en 2003, polo auditorio pasaron orquestras do prestixio dos Virtuosos da Filharmónica de Berlín, ballets como o de Moscova, cantantes como Serrat e boa parte das principais compañías teatrais en xira por España. É sede do circuíto da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e tamén do Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía de Arousa, Clasclás.
O edificio acolle, igualmente, o Conservatorio de Música, os locais de ensaio para bandas locais, unha sala de exposicións e outra de conferencias, ademáis de diversas aulas-seminarios.
Avenida de Mariña, s/n · T 986 50 27 09
Ao longo do ano, esta sala, dedicada ao pintor local Antón Rivas Briones, acolle exposicións de pintura e escultura, tanto de carácter galego como nacional, ademais de mostras monográficas históricas, solidarias fotográficas, cinematográficas…
Por norma xeral, a sala abre as súas portas de luns a sábado de 10:30 a 13:30 e de 18:00 a 21:0 horas, e domingos de 11:00 a 14:00 horas. Festivos pechados. Con todo, o horario pode sufrir algunha variación en función da mostra que acolla.
Rúa Alcalde Rey Daviña, 17. • T 986 50 56 61
Este coqueto salón de estilo italiano, situado na rúa Alcalde Rey Daviña, e cun aforamento de 252 espectadores, foi inaugurado en 1884 como primeiro local estable para actos públicos de Vilagarcía. Actualmente dá acollida a diversos eventos ao longo do ano: “Achégate ó Salón”, obras de teatro, proxeccións, concertos… O seu horario de apertura varía en función da programación cultural mensual.
Rúa Rey Daviña, 14
Acolle exposicións de pintura e escultura.
C/ Alcalde Rey Daviña, 26. T 986 50 31 36.
Horario: de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20.30 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. Sábados pola tarde e domingo, pechado.
Exposicións de pintura, escultura, obra gráfica e libros de autor.
C/ Luisa Vila Janer, baixo.T 986 50 90 02.
Horario: de 17:00 a 20:00 horas.