Miradoiros

Vivirla para conocerla, visitar

Vilagarcía ofrece numerosos atractivos que o viaxeiro non debe perderse. Nuns casos é preciso descubrilos persoalmente, pero noutros vale a pena recorrer á iniciativa municipal, comarcal ou privada. A oferta varía e renóvase cada ano, polo que é aconsellable visitar a oficina de turismo, a fin de coñecer as últimas propostas.

Para tomar un primeiro contacto con Vilagarcía, nada mellor que deixarse perder polas súas rúas. Pero tamén cabe a posibilidade de facelo a vista case de paxaro, subíndose, para iso, a algún dos seus miradoiros. Estes son os principais:

Xiabre

Para obter unha ampla panorámica da ría e de Vilagarcía convén visitar o miradoiro dos montes Xiabre e Meda, ambos contiguos. Son fáciles de situar polas torres eólicas e de reemisión de TV. Ao carón veremos a ría e os seus polígonos de bateas e, ao pé, o armazón urbano de Vilagarcía. A outro, o río Ulla no seu tramo final, alcanzando a visión ata as Torres de Oeste, onde se celebra a famosa Romaría Viquinga de Catoira, e o val do Ullán e de Caldas de Reis.

Lobeira

Asentado sobre o que foi o Castro Lupario e máis tarde un castelo que sería testemuña das andanzas da Raíña Urraca e o arcebispo Xelmírez, o miradoiro está situado no termo municipal de Vilanova de Arousa, pero a forma máis fácil de acceder a el é a través da PO-301, desde Vilagarcía. Unha vez arriba é necesario deixar o coche e subir ao redor de 200 banzos rústicos. Desde aquí divísase toda a ría de Arousa e gran parte do val do Salnés.

Carril

Desde a parte alta da vila mariñeira de Carril obteremos unha espléndida vista da desembocadura do río Ulla e de boa parte da ría de Arousa. Pero tamén, e sobre todo, da illa de Cortegada, antiga posesión real e hoxe integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas. A este miradoiro accédese desde a rúa que parte da igrexa parroquial.

X