Pago con tarxeta, reservas, wifi, acceso para discapacitados, menú especial para nenos, tronas e cambiador para nenos, zona infantil, admite mascotas, salóns privados, terraza, menú degustación, menú para grupos, menú vexetariano ou sen glute, bebidas para levar, comida a recoller por encargo, actividades especiais (ceas-baile).
Un singular edificio de madeira, construído sobre pilotes na dársena do porto deportivo, acolle este bar e restaurante decorado ao máis puro estilo náutico. A súa terraza é un fantástico miradoiro sobre a ría. Ofrece unha ampla e variada carta baseada na cociña tradicional galega, ademais de menú do día.