Este establecemento pequeno e familiar dominado pola tranquilidade atópase na parroquia vilagarciá de Bamio, ao norte do municipio, ao pé da praia fluvial, distinguida con bandeira azul, e tamén moi próximo á desembocadura do Ulla. Ademais da zona de acampada ofrece bungalós.
Conta con servizos de restaurante e lavandería, piscina, pista de tenis, tenis de mesa, petanca, zona de grelladas e parque infantil. E por suposto, unhas excelentes vistas da ría de Arousa e o río Ulla.