Pago con tarxeta, wifi, acceso para discapacitados (non posúen rampla, pero o chanzo é pequeno), aseos adaptados, menú infantil baixo solicitude, cambiador para nenos, admite mascotas, cociña ininterrompida en horario de apertura, terraza, menú para grupos (máximo 30/35 persoas), menú vexetariano ou sen glute baixo petición, comidas a recoller por encargo.
En plena zona peonil do centro de Vilagarcía, este pequeno establecemento destaca polo seu ambiente agradable e familiar. Os seus abundantes pratos son elaborados cun toque moi tradicional, destacando da súa carta as “cazolas”. Polo seu emprazamento conta tamén con terraza.