Atópase nunha situación inmellorable, en pleno paseo marítimo, a escasos metros do porto de Carril e a tan só un quilómetro do centro de Vilagarcía. As súas instalacións gozan de excelentes vistas sobre a ría de Arousa.
Conta con 21 cuartos dobres, 7 cuartos individuais e unha junior suite, todas totalmente equipadas con baño, caixa forte, secador de pelo, mini bar, aire acondicionado, teléfono, televisión de pantalla plana e wifi. Como espazos comúns destacan a cafetería, a sala de estar, o salón de reunións, a terraza axardinada e a piscina de auga salgada. O hotel tamén ofrece parking interior e conexión a internet gratuíta. No mesmo edificio funciona o restaurante “Plácido”, caracterizado por unha cociña tradicional renovada.