Pazo galego do século XVII, restaurado e acondicionado para hotel de catro estrelas. Situado en Vilaxoán, no límite sur de Vilagarcía de Arousa. É un referente en Galicia non só como establecemento hostaleiro, posto que está declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Hotel-Monumento Histórico Artístico.
Conta con 55 cuartos dobres, un apartamento e catro suites equipadas con baño, caixa forte, secador de pelo, mini bar, calefacción, aire acondicionado, teléfono e televisión. Este hotel dispón de restaurante, cafetería, sala de reunións, sala de televisión, lavandería, piscina exterior, terraza, zona axardinada, parking e wifi en zonas común.