Pago con tarxeta, wifi, acceso para discapacitados, aseos adaptados, admite mascotas, cociña ininterrompida, terraza, bebidas quentes e frías para levar, comida por encargo a recoller en local. Especialidade en almorzos.
Situado a pé de praia, neste “recuncho” pódese, en efecto, gozar da carta nunha ampla terraza con vistas ao paseo marítimo e á ría de Arousa.