Pago con tarxeta, reservas, terraza, menú para grupos (máximo 20 persoas), menú vexetariano ou sen glute baixo solicitude.
Este restaurante familiar de corte tradicional posúe unha variada carta de peixes e mariscos de primeira calidade. A súa longa traxectoria radica nun bo produto con elaboración sinxela, xunto co seu servizo discreto e amable. Conta cunha agradable terraza na Alameda de Vilagarcía.