Ruta Illa de Cortegada

Pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas desde 2002, o espazo natural de Cortegada ten unha superficie de case 42 hectáreas, das cales 39 corresponden á illa propiamente dita e o resto aos illotes de Malveiras, Briñas e Con.
Vivirla para conocerla, visitar

Cortegada ten un alto valor histórico, etnográfico e ambiental. Citada xa por Plinio, a principios do século XX foi doada polo pobo ao rei Alfonso XIII para que nela construíse un palacio de verán. O proxecto nunca chegou a ser unha realidade e, tras cen anos de abandono, Cortegada é hoxe case un fósil dunha aldea típica da ría. Pero, ademais, a illa ten un alto valor ecolóxico: xunto cun espectacular bosque de loureiros, en Cortegada contabilízanse ata catorce especies endémicas.

As visitas a Cortegada poden facerse de forma individual ou ben participando nas rutas guiadas que organizan tanto a empresa ambiental Corticata como Alvamar.

 

Con Corticata

  • TeléfonoT 639 870 488 / 625 807 923
  • Páxina webwww.corticata.com
  • SaídasSaídas todos os mércores e sábados en xullo, agosto e setembro desde o porto de Carril. Consultar saídas o resto do ano.

Con Alvamar

  • TeléfonoT 683 580 364 / 653 516 969
  • Página webwww.alvamarnautica.com
  • SaídasEfectúa a súa saída desde o porto deportivo de Vilagarcía. Consultar calendario de saídas.

Ruta Interpretativa

Con saída do porto de Carril, nunha embarcación semiríxida de 7,5 metros, realízanse os traslados á illa en grupos de 15 persoas. Acompañados por un guía, a ruta interpretativa discorre a través dos carreiros acondicionados no interior da illa, visitando o maior bosque de loureiros do sur de Europa. Ademais da súa fauna e a súa flora, poderán coñecer parte da rica historia deste lugar: a orixe da aldea, a doazón da illa ao rei Alfonso XIII e a súa actual recuperación para dominio público como parte do Parque Nacional Illas Atlánticas. A visita ten unha duración aproximada de dúas horas e media.

 

O traxecto entre Carril e Cortegada tamén se pode realizar en kaiak (dunha ou dúas prazas), embarcación ideal para grupos reducidos. Escollendo este medio de transporte a visita ten unha duración de 4 horas.

Cortegada nocturna

Se a illa de Cortegada ten un atractivo indubidable á luz do día, non menos espectacular resulta a visita á luz da lúa, gozando do firmamento e dos sons que só se poden escoitar de noite. A saída realízase do porto de Carril á tardiña, durante a posta do sol. Ten unha duración de dúas horas, tras as cales, xa co firmamento sobre as súas cabezas e moi probablemente acompañados co vistoso fenómeno da Ardora, regrésase da o porto de Carril.

Cortegada + Conserveira Peperetes

Tras a ruta interpretativa en Cortegada, tamén poderán gozar dun xantar preparado por “Os Peperetes”, unha fábrica de conservas (delicatessen artesanal), situada xusto enfronte da illa. Aberta desde 1990, “Os Peperetes” segue mantendo a filosofía dos seus comezos, máxima calidade, excelente materia prima das rías galegas e produción artesanal e limitada.

Cortegada + Ruta do Apóstolo

Ao finalizar a ruta de Cortegada, se parte da illa nunha pequena embarcación, seguindo o itinerario que no seu día percorreron os restos do Apóstolo Santiago. Río arriba, verán o vía crucis que marca o camiño a Compostela, as torres defensivas de Catoira, onde ten lugar o desembarco Viquingo, que recrea as batallas entre os aldeáns e os bárbaros que buscaban o tesouro de Santiago. Finalmente, e xa continuando o remonte do río Ulla, chégase a Padrón, berce de grandes lendas e importantes literatos como Rosalía de Castro e Camilo José Cela. Esta ruta ten unha duración de 3 horas e media.

X