Gozar dun paseo nun antigo galeón a vela pola ría de Arousa, e máis concretamente pola contorna da Illa de Cortegada, é posible grazas á colaboración entre a Concellería de Medio Ambiente e a asociación Rompetimóns.
A empresa Alvamar ofrece catro diferentes propostas para coñecer outros tantos sistemas produtivos de pesca e marisqueo, mesmo coa posibilidade da súa degustación.
A asociación de mariscadoras Amarcarril puxo en marcha unha ruta na que o visitante coñece de primeira man e a pé de viveiro en que consiste o marisqueo.
Mergullarse ata o fondo, no sentido literal da palabra, descubrindo ata o último secreto da vida mariña e restos de barcos afundidos en Arousa é posible en Vilagarcía.
A riqueza natural e paisaxística do municipio de Vilagarcía de Arousa ben merece un achegamento a pé. Paisaxe privilexiada: o río e a ría, o mar e o val.
Coñecer a Vilagarcía máis rural dunha forma relaxada e tranquila é posible grazas ás rutas dacabalo que discorren polos camiños e carreiros habilitados polas zonas de bosque.
Este itinerario circular e autoguiado percorre a Vilagarcía máis esencial nun paseo curto e entretido a través de 11 paradas imprescindibles perfectamente sinalizadas, que nos permiten descubrir o conxunto urbano do municipio.
A un paso do centro urbano, ao pé da ría e do río, e xunto a un pazo do século XVI e unha igrexa e convento do XVII, o Castro de Alobre convida a facer unha fantástica viaxe a través do tempo: desde a cultura castrexa ao Medievo, pasando pola romanización.