Verán

Pasen e vexan

Cincuenta semanas ten o ano e 43 eventos fixos organízanse en Vilagarcía. É dicir, practicamente un por semana. E hainos de todos os tipos e para todos os gustos: festivos, cinematográficos, artísticos, gastronómicos, folclóricos, deportivos. Varios de carácter internacional e algúns con décadas de tradición. Así pois, visite cando visite Vilagarcía, seguro que atopará algún deses acontecementos que non lle deixará indiferente. E é que aquí estamos abertos todo o ano. E, por suposto, desexando que se converta nun máis de nós.

TORNEO “ CIDADE DE VILAGARCÍA” ALEVÍN E BENXAMÍN

  • Estadio municipal da Lomba / Estadio Manuel Jiménez
  • Finais de xuño
  • facebook

Máis información

Torneo de carácter internacional organizado polo Arousa, SC, que se celebra xeralmente na segunda quincena de xuño. As mellores canteiras de España e outros países reúnense durante tres días para convivir e gozar do seu deporte favorito, pero tamén para disputar un trofeo que ano a ano vai gañando popularidade e prestixio.

CLASCLÁS. FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA CLÁSICA

Máis información

Este Festival Internacional de Música Clásica non só reúne a un gran grupo de artistas internacionais, senón que estes convértense en mentores para alumnos coidadosamente seleccionados de varios países do mundo. Os concertos celébranse entre a última semana de xuño e a primeira de xullo no Auditorio, o Salón García e outros espazos emblemáticos, como os pazos da Golpelleira e Rubiáns e o conxunto histórico monumental de Vistalegre.

SAN XOÁN

Máis información

Como non pode ser menos, en Vilagarcía tamén se celebra a chegada do solsticio de verán e a noite máis curta do ano. E para iso organízanse fogueiras en distintos lugares do municipio, unhas promovidas por particulares, outras por asociacións veciñais ou culturais. Pero ningunha como a que se desenvolve na praia da Concha, propiciada pola Asociación de Comerciantes Zona Aberta coa colaboración do propio concello. Sardiñas asadas, música e bo humor contribúen a dar a benvida ao estío.

FESTAS DO CARME

Máis información

Vilaxoán celebra o sábado e domingo seguintes ao 16 de xullo as festas do Carme. Cando é posible realizala, a procesión marítima é un dos actos máis vistosos. Na vertente máis lúdica, cabe citar a celebración do “ Vilaxoán canta”, un certame no que os veciños fan gala dos seus dotes para o canto, formando un multitudinario coro na praza principal da vila. O porto de Carril tamén se suma á celebración da patroa dos mariñeiros coa súa propia procesión, ademais de pasacalles e actividades lúdicas para os máis pequenos.

SEMANA GALEGA DE VELA

Máis información

A segunda fin de semana de xullo, o Centro Galego de Vela, con sede en Vilagarcía, acolle este evento que está considerado xa como a festa da vela lixeira da comunidade. Nel participan todas as clases desta disciplina: Optimist, Windsrurf, Láser 47, Láser radial, 4.20 e Láser estándar. A elas súmanse, dependendo do ano, outras clases convidadas como Finn, Vaurien, Snipe ou Radiocontrol.

VILABLUES. FESTIVAL INTERNACIONAL DE BLUES

Más información

Este Festival Internacional de Música transforma a Vilagarcía, durante parte del mes de julio, en la capital gallega del blues. Los conciertos, todos gratuitos, que congregan a un gran número de artistas de renombre internacional, se complementan con otras actividades como jam sessions, master classes y hasta una romería, que convierte al Vilablues en una experiencia única para los amantes de este género.

TRAVESÍA A NADO PORTO DE VILAGARCÍA

Máis información

Esta competición organizada polo Club de Natación e Salvamento Vilagarcía ten lugar durante o mes de xullo e está integrada no Circuíto Galego de Augas Abertas. Nela os participantes teñen a posibilidade de escoller entre 2.500, 1.200 e ata 250 metros, segundo as idades.

RUTA FLUVIAL XACOBEA

Máis información

Segundo a tradición, o corpo do Apóstolo Santiago foi traído desde Jaffa (Palestina) ata Iria Flavia, preto de Padrón, desde onde foi conducido a Compostela. A ruta marítima-fluvial xacobea conmemora, precisamente, esta lenda. De forma gratuíta previa inscrición, o remonte do río realízase todos os anos, normalmente no mes de xullo, e está organizada pola Fundación na que se integran 18 concellos ribeiregos. Estes poñen a disposición dos visitantes varios barcos para participar na ruta.

VARIETÉS. CICLO DE CONCIERTOS

  • Rúa Méndez Núñez
  • Finais de xuño, xullo e principios de agosto
  • facebook

Máis información

As noites de cada xoves e venres, a concorrida rúa de Méndez Núñez convértese en escenario para concertos de pequeno formato (solistas, dúos, grupos) dos máis diversos estilos (pop, rock, folk, blues…). Trátase dunha iniciativa dos hostaleiros da zona para animar a rúa á hora dos viños e das tapas. Por esa mesma razón hai dous pases, un ás 21,30/22,00 horas e 23,00/23,30 horas, segundo sexa xoves ou venres.

ÁS 9 NA PRAIA

Máis información

Se a festa de San Juan serve para dar a benvida ao verán, estas xornadas Chill- Out organizadas pola Asociación de Hostalería axudan a prepararse para un mes de agosto no que o calendario festivo esixe estar en forma. Por iso, nada mellor que gozar das hamacas e esteiras na zona acoutada da praia da Concha mentres se toma un “mojito” ou unha cervexa, escóitase música relaxante e gózase do espectáculo do sol cando empeza a deitarse alá pola Serra do Barbanza.

FESTAS DE SAN ROQUE

Máis información

Declaradas de Interese Turístico Nacional, as festas patronais de San Roque celébranse desde 1698. Son dez días de actividades organizadas en torno ao 16 de agosto. Concertos gratuítos no parque da Xunqueira por grupos e solistas do panorama nacional, verbenas, feira de carruseis, pasacalles, batalla de flores, constante animación de rúa, encontros folclóricos… son algúns dos ingredientes dun programa ao que se suman as festas gastronómicas de Carril e Vilaxoán, o festival internacional de clown, a exhibición pirotécnica do Combate Naval e, por suposto, a ineludible Festa da auga.

FESTA DA AUGA

Máis información

A Festa da auga é o acto central de San Roque. A cita comeza unha vez recollido o santo na súa capela e tras unha multitudinaria procesión entre cívica e relixiosa na que o patrón “baila” ao ritmo do pasodobre “Triunfo”. A partir de aí, miles de nenos, novos e non tan novos percorren as rúas ao berro de “auga!” ou, directamente, “aquí non chega!”, co que convidan os veciños a que os refresquen. Cubos, mangueiras, botellas… calquera dispositivo é válido. E por se iso non é suficiente, á batalla súmanse os camións de bombeiros e protección civil. A festa, animada por espontáneos augadores e charangas, non termina ata primeiras horas da tarde. O evento, ao que acoden cada ano ata 50.000 persoas, recibiu o recoñecemento non só nacional senón tamén internacional, ao figurar en multitude de webs que recomendan as mellores festas de España. Ata a propia Unesco, nunha publicación sobre o Día Internacional da auga, recolleu a tradición festiva vilagarciá.

FESTICLOWN

Máis información

O Festiclown é, como os seus creadores defíneno, un artefacto de alegría rebelde que coloca a risa como panca para mover o mundo e o clown como arma de diversión masiva. Presente en varios países, a súa única sede en Galicia está, precisamente, en Vilagarcía. Magos, humoristas, acróbatas e pallasos enchen de arte e alegría as rúas coa participación cómplice de miles de persoas durante os cinco días que dura o festival, sempre nas xornadas previas ao 16 de agosto. O Festiclown ten tamén un apartado social, levando a súa maxia a asociacións de axuda a discapacitados ou o hospital comarcal.

SEMANA DE CINE

Máis información

Organizado polo Cinema Club Ádega, un dos máis antigos de Galicia, a Semana de Cinema celébrase nos primeiros días de agosto, xusto despois do Festival Varietés e antes do inicio formal do programa de festas de San Roque. Películas e curtametraxes de actualidade son presentados en ocasións polos seus propios directores, que despois manteñen unha charla co público. Paralelamente realízanse proxeccións ao aire libre e tamén actuacións musicais en directo e sempre relacionadas co mundo do cinema.

COMBATE NAVAL. FESTIVAL PIROTÉCNICO

Máis información

O Combate Naval é un festival pirotécnico que ten tras de si máis de 150 anos de tradición. É o anuncio de que as festas patronais están a chegar ao seu fin. Celébrase no sábado seguinte a San Roque (16 de agosto) e nos areais da Concha e A Compostela, que se converten en improvisados bancadas para contemplar un espectáculo que dura ao redor de media hora. Rememora o asalto ao porto do Callao, en Perú, en 1866. Fogos acuáticos, varios barcos que atacan, un castelo que se defende, así é un evento que reúne a máis de 30.000 persoas.

FESTA DA AMEIXA DE CARRIL

Máis información

O bivalvo máis identificativo de Carril é o protagonista desta festa gastronómica que se celebra na segunda quincena de agosto. Organízana a Confraría de Pescadores e a Agrupación de Parquistas, que explotan os viveiros. A festa, declarada de Interese Turístico de Galicia en 2014, conta con pregón propio, desfile de confrarías gastronómicas e actividades de animación, entre os que destaca un concurso popular de pratos que han de ter como base a ameixa que a propia organización pon a disposición do participante. Con todo, o groso da festa concéntrase na degustación popular de miles de racións de ameixas á mariñeira regadas co albariño dunha adega local.

FESTIVAL REVENIDAS DE VILAXOÁN

Máis información

Vilaxoán ten tras de si unha gran tradición mariñeira. De aí esta festa ao redor das “revenidas”, sardiñas recentemente pescadas que, deixadas en sal durante varias horas, son logo asadas e degustadas popularmente acompañadas de pan de millo e albariño. Todo no parque de Dona Concha, á sombra e vendo o mar. A festa compleméntase cun festival de música no que se aposta polas bandas galegas, a acompáñanas outras do panorama nacional e internacional. Unha zona de acampada xunto á praia do Preguntoiro, un festival de circo solidario, showcookings e unha feira de artesanía conforman, coa gastronomía popular, unha oferta singular para todos os públicos.

REGATA SAN ROQUE E REGATA RAMIRO CARREGAL

  • Augas da baía de Vilagarcía
  • Semana seguinte ao 16 de agosto

Máis información

Estes dous eventos organizados polo Real Club de Regatas Galicia atraen a máis dunha trintena de embarcacións da clase snipe. Ambas as competicións celébranse paralelamente en augas vilagarciás, durante a fin de semana seguinte ao 16 de agosto, coincidindo por tanto coas festas patronais.

NOITE DAS MEIGAS

Máis información

É a despedida do verán. Á noitiña da última fin de semana de agosto, as principais rúas do centro urbano pobóanse de espíritos, que ao son da música e de representacións teatrais rueiras, buscan os lugares onde poder degustar gratuitamente a queimada que lles reconforte o ánimo.

FOLK NO ALOBRE. ROMARÍA

Máis información

Organizado pola asociación cultural Pésdebarro, coa colaboración da Concellería de Cultura, Folk non Alobre recupera a antiga tradición das romarías galegas. E faino, ademais, nun lugar privilexiado: o parque botánico Enrique Valdés Bermejo e ao pé do Castro de Alobre. Un xantar popular (na que cada cal leva o seu manxar) acompáñase con xogos populares, talleres de instrumentos tradicionais e de danzas do mundo e, por suposto, concertos de música popular. Todo nun ambiente moi familiar.

AMEIXA ROCK

Máis información

O Ameixa Rock é un festival que naceu en Carril en 2013 co obxectivo de fomentar a cultura, o idioma galego e o mar mediante a música rock e actividades paralelas (visitas diúrnas e nocturnas a Cortegada, espectáculos de circo, contacontos, “olimpíadas” mariñeiras…) que o converten nunha cita para todos os públicos. Desde os que desexan ver e escoitar a bandas emerxentes aos que queren gozar do mar de Arousa e de Cortegada, poñendo así en valor non só a cultura e a natureza, senón tamén a tradición mariñeira de Carril. Todas as actividades son, ademais, gratuítas.

FERIA DAS TAPAS

Máis información

A Feira de Tapas, organizada pola Asociación de Hostaleiros, é unha cita ineludible para gozar da gastronomía máis creativa da vila. O Parque Miguel Hernández acolle en setembro este evento no que, por un prezo fixo, o visitante pode degustar unha suxestiva variedade de petiscos acompañada de actuacións musicais, showcookings e actividades para os máis pequenos.

ENCESTA-RÍAS ACB

Máis información

Torneo internacional de baloncesto que trae a Vilagarcía, no mes de setembro e durante dous días, a algúns dos mellores equipos da ACB. Como complemento ao torneo, o Pick&Rock ofrece actividades e concursos para nenos e maiores, Dj e música en directo.

MEMORIAL ADOLFO PEDRIDO MORLA

Más información

Durante o mes de setembro ten lugar este torneo internacional de xadrez que homenaxea a Adolfo Pedrido, personaxe histórico do xadrez na cidade e promotor do deporte de base na cidade durante décadas.

Eventos primavera
Eventos

Primavera

Eventos verano
Eventos

Verán

Eventos otoño
Eventos

Otoño

Eventos invierno
Eventos

Inverno

X