Outono

Pasen e vexan

Cincuenta semanas ten o ano e 43 eventos fixos organízanse en Vilagarcía. É dicir, practicamente un por semana. E hainos de todos os tipos e para todos os gustos: festivos, cinematográficos, artísticos, gastronómicos, folclóricos, deportivos. Varios de carácter internacional e algúns con décadas de tradición. Así pois, visite cando visite Vilagarcía, seguro que atopará algún deses acontecementos que non lle deixará indiferente. E é que aquí estamos abertos todo o ano. E, por suposto, desexando que se converta nun máis de nós.

FESTIVAL CURTAS

Máis información

Nacido en 1973 no seo do Casino local como Festival de Cinema Afeccionado de Vilagarcía e hoxe convertido nun Festival Internacional de Cinema e Banda Deseñada, o Curtas Fest é o evento cinematográfico decano de Galicia e un dos de maior soleira de España. Longametraxes, retrospectivas, curtametraxes e homenaxes conforman o groso do apartado cinematográfico, pero a iso únense exposicións dos mellores creadores de cómics, sesións de firmas, charlas, xogos de rol e de mesa e talleres, todo para converter a Vilagarcía na capital do cinema en Galicia durante dez días de outubro.

OUTONO MICOLÓXICO

Máis información

Organizada pola agrupación micolóxica A Cantarela, é unha gran oportunidade para coñecer os cogomelos, un produto aínda pouco utilizado en Galicia a pesar da riqueza micolóxica dos nosos montes. Ten lugar na segunda quincena de novembro e desenvólvese en dous escenarios: a Praza da Peixaría e o Auditorio. Exposicións, charlas, concurso de cociña e saídas micolóxicas forman un cartel que conclúe cunha degustación de pratos cuxa base principal son os cogomelos, a prezos populares e no segundo domingo de novembro.

CASTES. FEIRA INDEPENDENTE DO VIÑO

Máis información

A Feira Independente do Viño de Vilagarcía celébrase durante o mes de novembro e diríxese tanto a profesionais como a particulares. É o lugar de encontro ideal entre viticultores, adegueiros e afeccionados ao mundo do viño. Máis de 40 pequenas adegas participan neste evento. A través dun “túnel do viño” os visitantes viaxarán co padal por toda Galicia, España e varios países Europeos.

Eventos primavera
Eventos

Primavera

Eventos verano
Eventos

Verán

Eventos otoño
Eventos

Otoño

Eventos invierno
Eventos

Inverno

X