Invierno

Pasen e vexan

Cincuenta semanas ten o ano e 43 eventos fixos organízanse en Vilagarcía. É dicir, practicamente un por semana. E hainos de todos os tipos e para todos os gustos: festivos, cinematográficos, artísticos, gastronómicos, folclóricos, deportivos. Varios de carácter internacional e algúns con décadas de tradición. Así pois, visite cando visite Vilagarcía, seguro que atopará algún deses acontecementos que non lle deixará indiferente. E é que aquí estamos abertos todo o ano. E, por suposto, desexando que se converta nun máis de nós.

FEXTURRÓN

Máis información

Fexturrón é unha feira de lecer que se desenvolve no recinto feiral de Fexdega durante todo o período do Nadal, entre o 6 de decembro e o 7 de xaneiro, abarcando por tanto as vacacións escolares. Os seus dous principais atractivos son a pista e o tobogán de xeo. Pero hai moito máis: autos de choque, cinema en 3D, carruseis, talleres de manualidades e contacontos, entre outras actividades. Todo baixo cuberto e cunha inequívoca decoración do Nadal. Os prezos son realmente baixos ao contar co patrocinio do Concello, que converte ao Fexturrón na súa principal aposta para o Nadal, xunto coa Cabalgata de Reis e outros actos de animación nas rúas.

CARITARTE. Exposición solidaria

Máis información

Caritarte é unha singular exposición colectiva de arte na que os seus autores deben presentar obras de 30×30 centímetros. Os artistas poñen os prezos e o diñeiro que obteñen dóano, en parte ou na súa totalidade, ao comedor social de Cáritas Interparroquial. A mostra empeza a mediados de decembro e conclúe o día da Cabalgata de Reis, o 5 de xaneiro, na Sala de Exposicións Rivas Briones.

FESTA DAS UVAS

Máis información

Os vilagarciáns que o desexan reúnense na praza de Ravella para celebrar xuntos a despedida do ano. As uvas, repartidas @gratuitamente, do mesmo xeito que o cava, as grilandas e os confettis, tómanse ao son das badaladas da casa consistorial. Pero non ás 12 da noite, senón ás 12 do mediodía.

CABALGATA DE REIS

  • Rúas da cidade / Recepción na casa consistorial (praza de Ravella)
  • 5 de xaneiro
  • www.vilagarcia.gal

Máis información

É, sen dúbida, a máis importante das cabalgatas que se celebran na comarca pero tamén, cunha longa tradición tras de si, unha das maiores de toda Galicia. Varias carrozas, grupos musicais, paxes, escoltas… e así ata sumar unha comitiva de 700 persoas participan nun espectáculo rueiro en que se reparten 3.500 quilos de caramelos. O desfile conclúe na praza de Ravella, ante un belén vivente, e prosegue coa recepción dos reis a todos os nenos que o desexen no salón nobre da Casa Consistorial.

DESTAPA VILAGARCÍA

Máis información

Unha magnífica escusa para perderse polas rúas da vila seguindo o itinerario trazado pola vintena de bares que participa nesta ruta gastronómica que se celebra dúas veces ao ano, unha no inverno (febreiro) e outra no verán (xuño). En cada edición a hostalería vilagarciá ofrece con esmero, calidade e imaxinación, tanto a veciños como a turistas, a posibilidade gozar de variadas, creativas e suxestivas propostas gastronómicas. “Croqueta investida de steack tartar con bechamel de mango”, “delicia de xamón de pato en confit de allo porro con mestura de queixos en crema de viño anello” ou “cordeiro desosado en lámina crocante e encurtido caseiro sobre parmentier de batata e demi- glace” son só tres exemplos do que nos podemos atopar nesta singular ruta.

ENTROIDO

  • Rúas da cidade / Auditorio municipal / Praza da Peixaría
  • Febreiro/marzo
  • www.vilagarcia.gal

Máis información

O Entroido, festa de fondas raíces no mundo católico, ofrece por unhas horas a oportunidade de transgredir a orde social e divertirse sen molestias. A pesar de que cada ano son máis habituais os disfraces moi traballados, non fai falta máis que roupa vella e algo de imaxinación para participar na festa, converténdose nun choqueiro, unha figura tradicional do entroido galego. A festa conclúe co popular “enterro da sardiña”, que anuncia o comezo dunha nova etapa.

CICLO DE CONCIERTOS “ACHÉGATE AO SALÓN”

Máis información

Consiste nun programa de concertos matinais e de pequeno formato, dirixidos a un público familiar que quere gozar da música en vivo e en directo. Realízase un domingo de cada mes durante febreiro, marzo e abril, no Salón García, un recinto de estilo italiano creado a finais do século XIX e cun aforamento limitado a 250 butacas. As entradas teñen prezos populares.

Eventos primavera
Eventos

Primavera

Eventos verano
Eventos

Verán

Eventos otoño
Eventos

Otoño

Eventos invierno
Eventos

Inverno

X