Ruta Vía Verde

Esta senda peonil e cicloturística aúna paisaxe, cultura e historia ao longo do seu percorrido, de algo máis de 9 km.
Vivirla para conocerla, visitar

A Vía verde do Salnés xorde grazas á reconversión das vellas vías do tren de 1899 que comunicaban Vilagarcía e Pontevedra. Actualmente en construción (marzo de 2019), será a primeira que discorra integramente por territorio galego e formará parte da Rede que creou en todo o estado a Fundación de Ferrocarrís Españois.

Esta senda peonil e cicloturística aúna paisaxe, cultura e historia ao longo do seu percorrido, de algo máis de 9 km. O itinerario discorre polos concellos de Vilagarcía, Caldas de Reis e Portas, onde se poden apreciar recunchos con encanto e construcións de relevancia arquitectónica, como o pazo de Rubiáns, a ponte metálica do século XIX sobre o río Umia ou unha vella azucreira de principios do século XX hoxe convertida en espazo cultural.

 

+ info: www.viasverdes.com

X