En Vilagarcía queremos que senta como na casa. A mellor garantía é a hospitalidade dos propios vilagarciáns, forxada ao longo de tantos anos de relación co mar e como centro turístico. Pero, ademais, Vilagarcía ofrece multitude de servizos, propios dunha cidade de maior entidade. Nesta sección, vostede poderá atopar a solución a calquera necesidade: hospital comarcal, centros de saúde, farmacias, policía nacional, garda civil, bombeiros, protección civil, taxis, información turística, medios de comunicación… para concluír cun repaso pola rede de redes. Para non perderse.