Ruta de turismo mariñeiro

A liña de costa que une Vilaxoán, Vilagarcía e Carril protagoniza este roteiro autoguiado. Cada panel posúe un código QR que lle dará acceso ás audioguías, ao vídeo promocional e ao catálogo de empresas que ofrecen experiencias en torno ao turismo mariñeiro.
Vivirla para conocerla, visitar

O roteiro de turismo mariñeiro consta de 12 paneis, once deles dispostos ao longo da liña da costa que se corresponde coa antiga Arealonga. En Vilaxoán hai cinco, en Vilagarcía, que actúa como eixo, un máis, e en Carril, outros cinco.

En todos atopará unha forma singular de ver e vivir o mar. O panel 12 está no miradoiro de Xiabre, desde onde poderá admirar non só o roteiro no seu conxunto, senón a ría de Arousa, o río Ulla no seu camiño cara ao mar e boa parte dos vales do Ullán, Caldas e Salnés.

SE PRECISA MÁS INFORMACIÓN:

 

OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO

X