A comarca do Salnés, que Vilagarcía encabeza, garda moitos atractivos naturais, históricos e turísticos que é preciso descubrir. A comarca posúe unha elevada densidade de poboación e tamén, por iso, unha tupida rede de camiños e estradas secundarias. Aínda que isto ten a vantaxe de que facilita as comunicacións e as relacións entre os distintos concellos, presenta o inconveniente de que pode confundir ao visitante. Pero non se preocupe: se ten claras as arterias principais, non haberá perda. Ao final, todos os camiños conducen… a Vilagarcía.
Existen dúas opcións: a autoestrada AP-9, que tomaremos en Caldas (acceso na saída de Vilagarcía cara a Pontevedra) ou ben a PO-548, que segue o itinerario pola costa, desde Carril a Padrón, pasando por Catoira.
Hai dúas opcións principais, a VG-4.3, polo interior, e a PO-549, pola costa. En ambos os casos, existen accesos a Vilanova, A Illa, Cambados, Meis, Meaño e Sanxenxo.
Ademais da autoestrada, pódese utilizar a PO-531, que pasa por Baión (Vilanova), Meis, Barro e Poio. Igualmente, pódese ir polo interior da comarca, a través da PO-301, que tamén dá acceso ao miradoiro do monte Lobeira.
Vilagarcía aposta polo uso do transporte sustentable nunha cidade pensada máis para os peóns e menos para os coches. Coa intención de promover os desprazamentos a pé, en bicicleta e en bus, creouse o VAI!, Programa Municipal de Mobilidade.
Este programa pretende incrementar os desprazamentos a pé pola cidade. A través duns mapas que emulan aos do Metro, o visitante pode coñecer en metros e minutos as distancias que separan as principais rúas e prazas, pero tamén os puntos de atracción turística e os servizos primordiais (aparcadoiros, taxis, aluguer de bicicletas, centros sanitarios, ettcétera).
O servizo municipal de préstamo de bicicletas persegue fomentar o uso da bici como medio de transporte eficiente e saudable na cidade, contribuíndo a que os desprazamentos sexan máis sustentables. É un complemento ideal ao transporte público e a súa finalidade é cubrir os pequenos desprazamentos que se producen a diario dentro do municipio. Este servizo conta con varias estacións, onde recoller e depositar as bicicletas: O Cavadelo, estación de Renfe, praza da Liberdade (Carril), avenida de Cambados (As Pistas, preto do complexo polideportivo) e parque de Dona Concha (Vilaxoán). Os períodos de préstamo regúlanse por un día, unha semana, un mes e un ano. Funciona 24 horas ao día 365 días ao ano. O tempo de uso é ilimitado pero suxeito a períodos de dúas horas, transcorridas as cales hai que deixar a bicicleta e, se se desexa, retirala de novo.
Este servizo pretende lograr a redución do uso do vehículo privado e potenciar o uso do transporte público dentro do termo municipal. A tarxeta Vaibus!, que é gratuíta, pode adquirirse nos propios autobuses e oficinas da empresa Pereira (Grupo Abalo) así como na Oficina Municipal de Turismo. Ofrece viaxes ilimitadas durante 30 días, previa recarga de 20€ en calquera das liñas municipais de autobuses.
Atención ao cliente: 986 50 10 27
Pola estación local circulan máis de quince trens diarios en cada sentido, é dicir, aproximadamente uno 60 minutos desde das primeiras horas do día ata despois das dez da noite. A estación de Vilagarcía áchase practicamente no medio da principal liña de Galicia, que une A Coruña e Vigo e, por tanto, comunica a cidade tamén de forma directa con Pontevedra e Santiago.
En Vilagarcía existe unha estación de autobuses (avenida de López Ballesteros, 7) desde a que se articula o transporte comarcal e rexional e un apeadeiro en O Cavadelo (xusto diante da oficina de turismo) no que conflúen as principais liñas urbanas.
Une o centro de Vilagarcía coas principais parroquias e lugares: Carril, Vilaxoán, O Rial, Guillán, Cornazo, Trabanca Badiña, Trabanca Sardiñeira, A Torre, András, Renza, Galáns, Fontecarmoa e Bamio. Ademais, desde Vilagarcía existen outras liñas que unen a cidade co Hospital do Salnés; Dimo, Coaxe e Catoira (os tres no municipio de Catoira); e Pontecesures.
Vilagarcía – Cambados- O Grove- A Toxa
Vilagarcía – Vilanova-Illa De Arousa
Vilagarcía – Illa de Arousa
Vilagarcía – Padrón – Santiago
Vilagarcía – Pontevedra
Outras líneas chegan ata outros lugares do municipio e a capital provincial:
Vilagarcía – Zamar – Vilagarcía (Circular)
Vilagarcía – Hospital del Salnés (Directo)
Vilagarcía – Romai-Portas
Vilagarcía – Pontearnelas – András – Vilagarcía (Circular)
Vilagarcía – Pontearnelas – Tragove
Vilagarcía-Pontevedra
Por último, tamén é posible desprazarse directamente cara a Caldas de Reis.
E á Estrada, pasando igualmente por Caldas de Reis:
Vilagarcía-Caldas – La Estrada
Aluguer de embarcacións, chárter náutico, ofrecen unhas propostas diferentes e orixinais para o seu acceso e goce do mundo da navegación.