Pazo da Golpelleira

Dominando desde sempre un vasto territorio, non en balde figuraba como “quinta” en distintos planos antigos, hoxe A Golpelleira é unha suntuosa residencia que serve de escenario para os máis variados eventos.
Vivirla para conocerla, visitar

Con probable orixe nunha fortaleza medieval, A Golpelleira converteuse en pazo no século XVI para sufrir unha notable transformación a finais do século  XIX adoptando a súa peculiar forma actual, que denota a suma de edificacións de distintas épocas. Dominando desde sempre un vasto territorio, non en balde figuraba como “quinta” en distintos planos antigos, hoxe A Golpelleira é unha  suntuosa residencia que serve de escenario para os máis variados eventos.

DON LUÍS, O VISIONARIO

Desde fai varias xeracións pertence á familia López Ballesteros, moi ligada á Corte. Un dos seus  ascendentes, Luís López Ballesteros, é un personaxe clave non só da historia de Vilagarcía senón tamén de España. De Vilagarcía, porque foi el quen organizou o levantamento do pobo –o primeiro en Galicia- contra a invasión francesa en 1808. E de España, porque despois chegaría a ser ministro de Facenda entre 1823 e 1832. A Luís López Ballesteros débese a creación da Bolsa de Madrid, o Código de Comercio, a Inspección Fiscal de Aduanas e o Banco Español de San Fernando, por todo o cal se lle considera o fundador da moderna Facenda española.

Por esa mesma razón, o pazo da Golpelleira non só ten un alto valor artístico, senón tamén histórico e documental. E é que ao legado de Luís hai que sumar o do seu fillo, Diego López Ballesteros, presidente do Congreso e ministro de Ultramar, e o do seu neto, Salvador Quiroga e López Ballesteros, ministro da Gobernación con Alfonso  XIII e delegado rexio na cesión da illa de Cortegada ao monarca.

A López Ballesteros debemos a creación da Bolsa de Madrid e o Código de Comercio

GUADALUPE E SAN MIGUEL

Do pazo da Golpelleira destaca especialmente a capela, dedicada á mexicana virxe de Guadalupe. Desde La Guerra de la Independencia o templo garda en depósito unha imaxe de San Miguel que pertence ao contiguo lugar de Trabanca e que cada ano, o 29 de setembro, coincidindo coa festividade do santo, os veciños sacan en procesión.

Igualmente, da  Golpilleira sobresaen os seus xardíns. De traza francesa, o espazo compleméntase con notables exemplares de árbores autóctonas e tropicais, que compiten con soberbios exemplares de camelia, e zonas con encanto como o quiosco, o estanque, o cruceiro ou o invernadoiro de estilo inglés.

Hoxe, as novas xeracións dos  Remírez de Esparza e López Ballesteros, descendentes daquel  prohome de nome Luís, deron un xiro á evolución do pazo para acoller acontecementos de diverso tipo, o que facilita non só a súa conservación senón tamén a súa visita.

Desde la Guerra de la Independencia o pazo garda unha imaxe de San Miguel de propiedade veciñal

X