Pazo de Sobrán

Sufriu a súa destrución no último terzo do século XV a mans da Santa Irmandade, a segunda das revoltas irmandiñas.
Vivirla para conocerla, visitar

Pola doazón que en 1496 realiza  Xoán Mariño de Sotomayor a un sobriño neto, temos noticias da construción deste pazo sobre unha antiga torre medieval, presumiblemente ameada e cuberta de tella, como moitas das que se dispoñían ao longo da costa arousá. Con todo, esta torre, como as súas veciñas de Lobeira, a cambadesa de San Sadurniño ou a de Oeste, en Catoira, sufriu a súa destrución no último terzo do século  XV a mans da Santa Irmandade, a segunda das revoltas  irmandiñas.

CAMPESIÑOS CONTRA SEÑORES

Naqueles tempos convulsos (1467), en Galicia vivíase unha progresiva deterioración do poder real representado polos grandes señores, sempre dispostos a aumentar a presión fiscal sobre os campesiños. Estes rebeláronse e marcharon sobre os castelos, torres e fortalezas. Sobre  Sobrán, tamén.

Así pois, a finais do século  XV, a torre de Sobrán non era máis que unha ruína. Con todo, a principios do século  XVI Suero Gómez de Sotomayor, irmán do fundador de Vilaxoán,  Xoán Mariño, decidiu construír un pazo, que é o que hoxe podemos contemplar na visita a Vilaxoán. Segundo o testemuño de Vasco de  Aponte, para a construción do pazo utilizáronse as pedras do derrubado mosteiro de Cálogo, en Vilanova, do que na actualidade só se conserva a torre do campanario, símbolo do municipio veciño.

PLANTA EN “U”

O pazo de Sobrán adquiriu entón os seus actuais características: una gran casa flanqueada por dúas torres con dependencias que se proxectan cara atrás, ao redor dun patio, formando a característica “U” que define a tantos pazos galegos. Sobrán pertenceu aos condes de Maceda e logo aos de Castelar, para terminar sendo propiedade dunha familia que durante moitos anos rexentou un afamado restaurante, O  Lagar, nos baixos do mesmo pazo. Hoxe ambos, pazo e restaurante, están pechados.

Para costruílo usáronse as pedras dun antiguo mosteiro

Dirección: Rúa Sobran, 43, 36611 Vilaxoan, Pontevedra

Teléfono: 986 50 09 15

 

X