Gozar dun paseo nun antigo galeón a vela pola ría de Arousa, e máis concretamente pola contorna da Illa de Cortegada, é posible grazas á colaboración entre a Concellería de Medio Ambiente e a asociación Rompetimóns. Durante as fins de semana dos meses de xullo e agosto realízanse varias rutas gratuítas ás que se pode acceder previa inscrición e superado un sorteo. As bases publícanse na web municpal –www.vilagarcia.gal- durante o mes de xuño.