Ruta Pazo Rubiáns

Rubiáns ostenta a distinción de “Xardín de excelencia Internacional da Camelia”. O pazo é visitable durante todo o ano previa reserva. Pode facerse de forma libre ou guiada.
Vivirla para conocerla, visitar

Edificado no século XVIII sobre unha torre do século XV, foi solar dos Caamaño, fundadores de Vilagarcía. O máis destacable é o seu xardín, de estilo francés, no que sobresaen as magnolias, as oitocentas variedades de camelias e algúns dos eucaliptos máis lonxevos de Galicia. En canto á casa, trátase dunha construción de planta regular con gárgolas nas cornixas e varios escudos. Rubiáns ostenta a distinción de “Xardín de excelencia Internacional da Camelia”. O pazo é visitable durante todo o ano previa reserva. Pode facerse de forma libre ou guiada. Neste segundo caso, os participantes non só coñecen os aspectos botánicos do pazo, senón os principais salóns da casa e as súas dependencias exteriores: a capela, as antigas cortes dos cabalos e a adega, sempre acompañados por persoal do pazo.

pazo de rubiáns

  • TeléfonoT 986 510 534 / 619 26 18 47
  • Páxina webwww.pazoderubianes.com / info@pazoderubianes.com
  • SaídasVisitas libres, de luns a venres, de 9:00 a 18:00 horas. No verán redúcese o horario de 9:00 a 14:00 horas. Visitas guiadas, de luns a venres, ás 11:00; sábados, domingos e festivos, ás 11:30. Visitas para grupos (mínimo 10 persoas), de luns a domingo, de 9:00 a 19:00.
X