Pazo De Rubiáns

Para entender a importancia de Rubiáns hai que retroceder no tempo, ao século XIV, cando a guerra de sucesión entre Enrique de Trastámara e o seu medio irmán Pedro pola Coroa de Castela abriu novas posibilidades para unha clase emerxente: os fidalgos.
Vivirla para conocerla, visitar
A igrexa de San Martín de Sobrán é unha das máis belas manifestacións da arte románico en Galicia e tamén en España. A maioría dos estudos sitúana cronoloxicamente no século XII, aínda que hai quen cre que puidese ser anterior, a teor dos restos de enterramentos antropoides achados no seu interior.

MEU PORTO E LUGAR

Entre os beneficios por apoiar ao novo rei, os Caamaño obtiveron as freguesías de Rubiáns e de Arealonga (chan sobre o que se asenta hoxe Vilagarcía). Así, consta que a principios do século  XIV García Fdez. de Caamaño xa residía na súa “casa forte de Rubiáns”. Esta edificación foi a orixe do actual pazo, levantado cara a 1445 por García de Caamaño “o Vello” e “o Fermoso”, que catro anos antes outorgara unha franquía na que establecía unha serie de vantaxes fiscais para os “moradores” e “probadores” que habitaban ou quixesen habitar “ou  meu porto et lugar” de Vila García, que xa daba por fundado.

Casado en segundas  nupcias cunha  Mendoza, García de Caamaño, “escudeiro do arcebispo”,  emparentou cos Sotomayor, “vasalos do Rei”, e aí comezou o seu ascenso social, referendado en 1524 coa constitución do morgado, a favor do seu fillo, García “o Alto”. Construído sobre a antiga torre, o pazo gañou en presenza e en dominios. “Caamaño avante, coa cruz diante”, como reza unha inscrición.

Ao señor de Rubiáns débese a creación de Vilagarcía a mediados do século XV

ALBARIÑO E CAMELIAS

A finais do século XVI foi construído sobre unna torre que logo sería destruída no último terzo para, con sucesivas intervencións, converter a antiga fortaleza medieval nun palacete no que predomina o estilo Imperio. No pazo de Rubiáns destaca a exquisita decoración, que se estende ao xardín, con macizos de clara inspiración francesa e magníficos exemplares de eucaliptos, carballos, coníferas, palmeiras e unha extensa colección de camelias.

Hoxe, o pazo é o eixo dunha explotación vitivinícola e o seu xardín está declarado como de Excelencia Internacional da Camelia.

Dirección: Rúa Pazo, 7, 36619 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

Web: www.visitvilagarcia.com

E-mail: turismo@vilagarcia.gal

Teléfono: 619 26 18 47

 

X