Ruta do viño

Permite ao turista visitar varias adegas da comarca de moi diverso carácter: familiares, cooperativas, urbanas, históricas, artesanais... En todas elas poderá degustar o viño, tamén as súas augardentes.
Vivirla para conocerla, visitar

A ruta do viño Rías Baixas, pioneira en España pola súa organización e sinalización, permite ao turista visitar varias adegas da comarca de moi diverso carácter: familiares, cooperativas, urbanas, históricas, artesanais… En todas elas poderá degustar o viño, tamén as súas augardentes, e coñecer directamente por boca dos produtores como se transforma a dourada e delicada uva albariña nun caldo delicioso.

 

O traballo dos viticultores do Salnés (entre eles, os de Vilagarcía) puxo ao viño albariño á cabeza dos brancos do mundo, facéndoo merecedor de innumerables galardóns nas feiras e concursos do viño máis prestixiosos. E O Salnés non só aglutina a maior superficie de cultivo, produción e adegas, senón que é, ademais, o berce do propio albariño.

En Vilagarcía, tres adegas están abertas a quen desexe coñecelas:

 

CONSELLO REGULADOR DA D.O RÍAS BAIXAS

Adega Maior de Mendoza

+ info e reservas:
C/ Xiabre, 58. 36610 – Trabanca Sardiñeira, Carril. T 986 50 88 96
www.maiordemendoza.com
maiordemendoza@hotmail.es

Adega Familiar Eladio Piñeiro

+ info y reservas:
C/ Sobrán, 38. 36611 – Vilaxoán. T 986 51 17 71
www.eladiopineiro.es
adegafamiliar@eladiopineiro.es

Adega Pazo Rubianes

+ info y reservas:
C/ Pazo, 7. 36619 – Rubiáns. T 986 51 05 34 / 619 26 18 47
www.pazoderubianes.com
info@pazoderubianes.com

X