Este itinerario autoguiado permítenos adentrarnos na Vilagarcía menos coñecida, a través de 47 obras de arte talladas en pedra diseminadas polas zonas máis rurais do municipio. En cruces de camiños, preto de ermidas, igrexas, cemiterios ou trazando un viacrucis pola costa que marca o Camiño de Santiago por mar, álzanse algúns dos nosos solitarios cruceiros, que son unha dos principais acenos de identidade da paisaxe galega. Unha decena de paneis achégannos ás súas orixes: historia, simboloxía, misterio, virtudes máxicas ou lendas. Estas son as zonas:
O Castro – Capela de San Roque – Cemiterio – Pazo da Golpelleira – A Torre – A Laxe – Cardalda – Fontecarmoa de Arriba.
O Pedroso – O Casal – Punta Grandoiro – Campanario Praia – Campanario Reitoral – O Vilar – O Salgueiral.
Os Anxos – Capela de San Roque – Igrexa de Santiago Carril – Cortegada Capela – Cortegada Punta Corveiro – Malveira pequena.
San Antoniño do Pousadoiro – Casal do Vento – Igrexa San Pedro de Cea – Reitoral – Fonte de Castroagudín.
Pazo de Rubiáns – A Bouza – Quintáns – Soutelo.
Revelle – Igrexa San Pedro de Cornazo- O Moscallo – O Freixeiro.
Sobradelo – Pazo O Rial – Pazo de Sobrán – Praza da Bouza – Faxilde – Faxilde (r/ do Xogo) – O Piñeiro – O Piñeiro de Arriba – Renza – Renza (Camiño Real) – Maceiras (Rúa Nova).
San Fiz – O Sisto.