Rutas a cabalo

Coñecer a Vilagarcía máis rural dunha forma relaxada e tranquila é posible grazas ás rutas dacabalo que discorren polos camiños e carreiros habilitados polas zonas de bosque.
Vivirla para conocerla, visitar

Coñecer a Vilagarcía máis rural dunha forma relaxada e tranquila é posible grazas ás rutas dacabalo que discorren polos camiños e carreiros habilitados polas zonas de bosque. Sempre acompañados dun monitor (un por cada 5 persoas), en grupos reducidos e tras unha formación básica de manexo, poderase gozar da contorna natural cabalgando entre o típico monte galego. Os cabalos que participan na ruta son “de escola”, polo que son moi dóciles e permiten participar tanto aos pequenos (a partir de 3 anos) como a maiores, sexan expertos ou non. As rutas son a medida e personalizadas, podendo escoller percorridos, paradas ou incluír unha comida campestre. Para os máis pequenos ou inexpertos recoméndanse as rutas máis curtas, dunha hora de duración.

CON ARES AROUSA HÍPICA

X