Rutas de pesca

A empresa Alvamar ofrece catro diferentes propostas para coñecer outros tantos sistemas produtivos de pesca e marisqueo, mesmo coa posibilidade da súa degustación.
Vivirla para conocerla, visitar

A empresa Alvamar ofrece catro diferentes propostas para coñecer outros tantos sistemas produtivos de pesca e marisqueo, mesmo coa posibilidade da súa degustación.

Con Alvamar

Pesca da Lamprea

Meses de marzo e abril. Saída en barco desde Vilagarcía pasando por Catoira e chegando a Pontecesures, a través do río Ulla. Os visitantes reciben explicacións sobre as artes de pesca da lamprea, como se captura e cal é o proceso de venda. Tamén é posible a súa degustación (con reserva).

Pesca en Arousa Norte e Arousa Sur

Todo o ano. Saíndo desde Vilagarcía en barco rumbo a Rianxo pasarán polas augas do Parque Nacional en Cortegada para observar e coñecer o marisqueo artesanal nos viveiros de ameixa e berberecho. Tamén visitarán as bateas nas que se cultiva o mexillón.

Pesca entre lusco e fusco

Mes de xuño. Saída desde Vilagarcía en barco á posta de sol para observar o ocaso e a pesca artesanal do “xeito”, propia desta época. Observación e recoñecemento de constelacións e as súas lendas.

Pesca da Anguía

De novembro a febreiro. Saída desde Vilagarcía en barco rodeando a illa de Cortegada (Parque Nacional) para coñecer a pesca da anguía. Despois visítase á illa e conclúese na lonxa de carril (supeditado ao seu horario).

X