A riqueza natural e paisaxística do municipio de Vilagarcía de Arousa ben merece un achegamento a pé. Para iso ofrécense ata catro alternativas, e todas no monte Xiabre, ao norte do municipio. A través de máis de 15 quilómetros, o camiñante pode gozar dunha paisaxe privilexiada: o río e a ría, o mar e o val, a illa de Cortegada (parque nacional) sempre presente.
Partindo dos arredores do Punto Limpo, de fácil localización e acceso, ofrécense as tres primeiras posibilidades: dúas rutas circulares, as denominadas “do Monte Xiabre”, de 8,6 quilómetros, e da “da Cruz de Xiabre”, de 3,5 kms, e unha terceira lineal, chamada “do miradoiro de Bamio”, de 1,5 quilómetros de percorrido. Grazas ao sistema de sinalización é posible combinar todas as propostas en función do interese e o tempo do camiñante e do esforzo que estea disposto a realizar.

En realidade, calquera das catro opcións é un espectáculo en si mesmo. Aínda que existen tramos nos que non se ve nin o río nin o mar, si é posible gozar de espléndidas formacións arbóreas e de grupos de cabalos salvaxes, que poñen o contrapunto ás impoñentes aspas dos modernos muíños, pero sempre respirando aire puro. É dicir, a natureza e a man do home, fronte a fronte.
Tipo: Circular.
Lonxitude: 8,6 quilómetros.
Dificultade: Alta.
Altura máxima: 297 metros.
Altura mínima: 109 metros.
Desnivel positivo: 234 metros.
Desnivel negativo: 215 metros.
Tipo: Circular.
Lonxitude: 3,6 quilómetros.
Dificultade: Media/Alta.
Altura máxima: 387 metros.
Altura mínima: 241 metros.
Desnivel positivo: 177 metros.
Desnivel negativo: 168 metros.
Tipo: Lineal.
Lonxitude: 1,4 quilómetros.
Dificultade: Baixa.
Altura máxima: 139 metros.
Altura mínima: 69 metros.
Desnivel positivo: 24 metros.
Desnivel negativo: 93 metros.
Tipo: Lineal.
Lonxitude: 2,4 quilómetros.
Dificultade: Media.
Altura máxima: 372 metros.
Altura mínima: 166 metros.
Desnivel positivo: 211 metros.
Desnivel negativo: 7 metros.