Con independencia de que algúns dos restaurantes desta localidade tamén ofrecen tapas, hai varios locais específicos para iso, uns na Praza da Liberdade (Beiramar, A Castelara, Caramuxos, Novo Batel, Bar Carril, Panela) e outros ao final do paseo marítimo (Recuncho da Ría e Esmorga), ambos con espléndidas terrazas con vistas á baía.