A estación dos Ballotes, na parroquia de Bamio, é unha das máis importantes e demostra a antigüidade do asentamento de poboación en Vilagarcía de Arousa.
Poucas veces un xacemento arqueolóxico ofrece tantas posibilidades. Castro de Alobre convida a facer unha fantástica viaxe a través do tempo: desde a cultura castrexa ao Medievo, pasando pola romanización.
De todos os pazos de Vilagarcía, o de Vistalegre é o único que conta coa declaración de Monumento Histórico Artístico. O edificio afunde as súas raíces na fundación mesma de Vilagarcía.
Para entender a importancia de Rubiáns hai que retroceder no tempo, ao século XIV, cando a guerra de sucesión entre Enrique de Trastámara e o seu medio irmán Pedro pola Coroa de Castela abriu novas posibilidades para unha clase emerxente: os fidalgos.
Dominando desde sempre un vasto territorio, non en balde figuraba como “quinta” en distintos planos antigos, hoxe A Golpelleira é unha suntuosa residencia que serve de escenario para os máis variados eventos.
O do Rial é, sen dúbida, o máis importante dos pazos que se sitúan en Vilaxoán. A súa imaxe lembra claramente a do seu veciño de Sobrán: unha gran casa flanqueada por dúas torres.
Datado inicialmente no século XVI e logo moi reformado no XVIII, o de Pardiñas é o contrapunto aos outros dous pazos existentes en Vilaxoán: Sobrán e O Rial.
Intimamente relacionado co escritor Ramón María de Valle Inclán, o pazo de Rúa Nova áchase a cabalo entre as parroquias de Sobrán (Vilagarcía) e András (Vilanova).
A igrexa de Carril está dedicada a Santiago Apóstolo e non por casualidade, tendo en conta a moi antiga relación da vila mariñeira con Compostela, da que foi o seu porto.
De estilo barroco, foi construída a finais do século XVII, sobre unha capela ou igrexa cuxo orixe se descoñece. A parroquia en si é moi antiga, de feito figura nun documento de 1142 .
A igrexa de Fontecarmoa sempre se considerou como a cincenta. E, con todo, é -polo menos en orixe- un dos máis antigos, pois a súa traza primitiva data do século XII.