Tamén para as présas atopamos opción en Vilagarcía. Se non se dispón de demasiado tempo ou simplemente apetece algo rápido e informal, as alternativas van desde os cachorros quentes ata as pizzas ou hamburguesas; todas elas saciarán o noso apetito nun tempo récord cando a fame aperta e non se teñen excesivas ganas de poñerse tras unha mesa e un mantel.