Category

Gastronomía
Gastronomía Vilagarcía Tradicional Pequeño Bar

Pequeño Bar (Mariscaría)

/ / /
Este restaurante familiar de corte tradicional posúe unha variada carta de peixes e mariscos de primeira calidade. A súa longa traxectoria radica nun bo produto con elaboración sinxela, xunto co seu servizo discreto e amable. Conta cunha agradable terraza na Alameda de Vilagarcía.
Gastronomía Vilagarcia Tradicional Batea

A Batea

/ / /
Un singular edificio de madeira, construído sobre pilotes na dársena do porto deportivo, acolle este bar e restaurante decorado ao máis puro estilo náutico. A súa terraza é un fantástico miradoiro sobre a ría. Ofrece unha ampla e variada carta baseada na cociña tradicional galega, ademais de menú do día.
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Yoli

Pastelería Cafetería Yoli

/ / / /
Local situado en plena zona peonil cunha traxectoria de 30 anos. Utiliza produtos de primeira calidade, coidando o proceso de elaboración, que se realiza de forma artesanal e en obradoiro propio. Destacan entre os seus produtos o pan, os bolos, os pasteis e os bombóns, todo artesán.
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Village Bakery

Village Bakery

/ / / / /
Este establecemento de ambiente tranquilo e relaxado, de decoración vintage europea, está especializado en almorzos de autor e en bebidas naturais e frescas.
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Granier

Granier

/ /
Con terraza na praza de Galicia, a principal da cidade, este establecemento ofrece unha variada selección de produtos doces e salgados para degustar acompañados dun bo café, tanto de mañá como de tarde.
Gastronomía Vilagarcía Desayuno Helado Secreto

Helado Secreto

/ / /
Este pequeno establecemento elabora os seus propios xeados de estilo italiano con produtos naturais e leite fresco. Ofrece unha ampla e orixinal variedade de gofres, crepes e cookies artesanais, e igualmente vasos de nata aos que é posible engadirlle froitas frescas, froitos secos, xeados, compotas, nutella, nata ou chocolate quente. No verán poden gozarse todas as súas especialidades na súa cómoda terraza.
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Vilagarcía

Cafetería Vilagarcía

/ /
Con terraza na rúa A Baldosa, este establecemento destaca polos seus churros de elaboración caseira.
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Gretel

Grettel

/
Os tradicionais produtos da pastelería-panadería Alonso, na nosa cidade desde 1947, poden ser agora degustados nesta cafetería especializada en almorzos, situada en plena rúa peonil da Baldosa.
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Estocolmo

Stocolmo 2.0

/ / /
Situado no núcleo social e comercial da vila, con terraza en dúas das rúas peonís. Trátase dun establecemento de decoración retroindustrial, moderno e de detalles moi coidados. Están especializados en cafés e vermús.
Gastronomía Vilagarcía Desayunos Diúrno

Diurno

/ / /
Establecemento de ambiente casual e confortable, nunha rúa peonil e tranquila no centro de Vilagarcía, cunha coidada decoración. Ofrece almorzos elaborados con produtos naturais e frescos como os happy bowls, a tosta de sandía, crepes con iogur e froitas. Cócteles a calquera hora do día, con ou sen alcol. Tamén é moi popular o seu limoada de amorodos.
1 2 3 10
X