Category

Gastronomía
Gastronomía Vilagaría Tradicional Altamira

Altamira

/ /
Situado a catro quilómetros do centro de Vilagarcía, na saída cara a Pontevedra, este establecemento, cunha longa traxectoria familiar en cociña tradicional, traballa con mariscos, peixes e carnes de primeira calidade. A súa especialidade é o arroz con bogavante.
Gastronomía Vilagarcía Tradicional Churrasco Rubiáns

O Churrasco de Rubiáns (asador)

/ /
Localizado a uns dous quilómetros do centro de Vilagarcía, cunha longa traxectoria profesional e unha cociña tradicional con produtos da zona. É particularmente apreciado o churrasco de porco á brasa cunha salsa elaborada pola propia casa.

Acebo (asador)

/ /
A uns 3 quilómetros do centro sitúase este restaurante asador de decoración e iluminación moderna e vangardista. Da súa cociña castelá e galega realizada en forno de leña destaca o lechazo e o bacoriño, ademais dunha ampla variedade de peixes e mariscos.
Gastronomía Vilagarcía Tradicional Fogón

O Fogón da Ría

/ / /
Situado a pouco máis de 1 quilómetro do centro nun casarón centenario cunha ampla terraza no xardín e na planta superior da casa. Conta con aparcadoiro propio. O establecemento está perfectamente adaptado para persoas con mobilidade reducida. Ofrece cociña tradicional, moderna e de tempada cunha traxectoria profesional de máis de 25 anos.
Gastronomía Vilagarcía Tradicional Ruedo

Ruedo (Pulpería – Asador)

/ / /
Polbeira con decoración moderna en pedra e servizo de grella á mesa para que se poida facer directamente a carne ao gusto do comensal, sen fumes nin cheiros, grazas ás campás extractoras situadas encima de cada mesa.
Gastronomía Vilagarcía Tradicional Milongas

Milongas (Asador)

/ / /
Asador galaico-arxentino situada en plena zona de Ou Castro e especializada en carne con menús pechados, incluíndo un “come todo o que queiras” con churrasco de tenreira e porco, segredo, criollo, patacas, ensalada e sobremesa.
1 8 9 10
X