Esta casa centenaria restaurada atópase a pé de praia xunto ao paseo marítimo. Posúe unha terraza que ofrece unha das mellores vistas sobre a baía. Ameixas de Carril, tostas, albariños e cervexas son o mellor complemento para gozalas.
O sobrenome do local débese ao abundante das súas racións. Serve desde zorza e pementos de Padrón ata mariscos. Traballa produtos de mercado e convén reservar.
Ofrece unha ampla carta entre a que destacan as ameixas de Carril, as luriñas ou o arroz con bogavante. Emprazado fronte á ría de Arousa, posúe unhas magníficas vistas á Illa de Cortegada e á zona de viveiros.
Pequeno establecemento, no porto de Carril, de ambiente familiar. No primeiro piso posúe un acolledor comedor con vistas á illa de Cortegada. Entre as súas especialidades destacan o arroz caldoso e as luriñas.
Con terraza (de sol e sombra) e unhas magníficas vistas á illa de Cortegada, ofrece un variado menú con produtos frescos do día. Acepta reservas e comida por encargo a recoller no propio establecemento.
Novo Batel destaca non só pola gran variedade de bocadillos, senón tamén polo seu tamaño. Especial mención ten o seu famoso 4 XL, elaborado mediante encargo para compartir, ou para aquel que estea disposto a aceptar o reto de terminarllo enteiro nunha hora.