Establecemento con decoración tipo vinoteca de ambiente agradable e trato próximo. As súas exquisitas receitas tradúcense nunha selección de tapas e racións entre as que destacan a tortilla, a ensalada da casa, as luras á romana, o raxo, os mexillóns ao vapor ou os pementos de Padrón
Situado preto da praia, de decoración rústica e ambiente familiar, ofrece entre as súas especialidades ameixas á mariñeira, peixes frescos, luras e chopos, entre outras delicias do mar.
Establecemento cunha decoración típica de bodegón con madeira e barrís e un escudo en pedra de Vilaxoán, cun ambiente moi familiar e acolledor. Entre a súa cociña caseira e tradicional destacan a empanada do sábado e os callos do domingo. Dispón de xoguetes para os máis pequenos.
Este restaurante, situado no porto de Carril e con máis de corenta anos de historia, basea a súa cociña en mariscos e peixes, preparados con arroz ou en cazolas..
Ligado ao Hotel Carril, en pleno paseo marítimo, con ampla terraza e excelentes vistas, o restaurante Plácido ofrece un variado menú degustación segundo a oferta do mercado, elaborado a base de cociña tradicional cun toque moderno.