Localizado a uns dous quilómetros do centro de Vilagarcía, cunha longa traxectoria profesional e unha cociña tradicional con produtos da zona. É particularmente apreciado o churrasco de porco á brasa cunha salsa elaborada pola propia casa.
Situado a pouco máis de 1 quilómetro do centro nun casarón centenario cunha ampla terraza no xardín e na planta superior da casa. Conta con aparcadoiro propio. O establecemento está perfectamente adaptado para persoas con mobilidade reducida. Ofrece cociña tradicional, moderna e de tempada cunha traxectoria profesional de máis de 25 anos.
Polbeira con decoración moderna en pedra e servizo de grella á mesa para que se poida facer directamente a carne ao gusto do comensal, sen fumes nin cheiros, grazas ás campás extractoras situadas encima de cada mesa.
Asador galaico-arxentino situada en plena zona de Ou Castro e especializada en carne con menús pechados, incluíndo un “come todo o que queiras” con churrasco de tenreira e porco, segredo, criollo, patacas, ensalada e sobremesa.