Category

Vilagarcía Tapeo
Gastronomía Vilagarcía Vinoteca Pepe Quilé

Pepe Quilé

/ / /
Local de coidada decoración náutica e moi acolledor, conta cunha pequena terraza. A súa carta de tapas, racións e sobremesas caseiros baséase na cociña tradicional galega, que pode acompañarse dunha ampla variedade de viños do país.
Gastronomía Vilagarcía Vinoteca Villa Vinos

Villa Vinos

/ / / /
Local situado en plena avenida da Mariña, de ambiente tranquilo e agradable, no que se poden degustar bos viños acompañados de saborosas tapas, como o lombo asado “ á feira”, e bocadillos.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Parra Julián

La Parra de Julián

/ / / /
Localizado na zona peonil do Castro, ofrece unha ampla carta de cociña tradicional cun toque innovador, na que destacan os produtos da ría de Arousa, exquisitas carnes e unha selecta adega.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Alobre

Casa de Xantar Alobre

/ / / /
Pedra, madeira e cristal combínanse neste pequeno establecemento que ofrece unha selección de tapas baseadas en produtos da ría de Arousa, elaborados da forma máis caseira e tradicional. Pódense degustar tanto no seu tranquilo comedor como na súa acolledora terraza.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Tablizo

Tablizo

/ /
Local con terraza a dúas rúas do centro histórico da cidade, ofrece unha gran variedade de tapas
Gastronomía Vilagarcía Taperías Xuntanza

Xuntanza

/ / / / /
Localizado no centro histórico da vila, en plena zona peonil, polo que dispón dunha sosegada terraza. Na súa carta conta cunha ampla variedade de tapas ademais de menú do día. Ofrecen un trato moi personalizado.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Mareas Vivas

Mareas Vivas

/ / /
Local situado na zona peonil do Castro, así que dispón dunha pequena terraza. Destaca pola tortilla e os callos que ofrece especialmente os días en que se celebra o mercado rueiro (martes e sábados).
Gastronomía Vilagarcía Taperías Churruca

Churruca (Gastrotaberna)

/ / /
Gastrotaberna situada na zona peonil da Baldosa, con decoración retro-industrial no que predomina o uso da madeira e o ferro combinándoo coa pedra vista. Posúe unha cociña aberta na que prima a calidade do produto.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Marimorena

La Marimorena

/ /
Destaca pola súa cociña moderna e elaborada con produto de calidade. A decoración tanto do seu interior como a súa terraza mostra coidados detalles e ofrece un ambiente acolledor de trato familiar e persoal. Atópase na zona da Baldosa, rúa céntrica, peonil e moi animada.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Baldosa

A Baldosa

/ / / /
Entre as especialidades deste establecemento destacan as carnes e os arroces. Conta cunha ampla terraza, xa que se atopa situado en plena zona peonil nunha das rúas máis buliciosas e clásicas de viños e tapas
1 2 3 4 5
X