Destaca pola súa cociña moderna e elaborada con produto de calidade. A decoración tanto do seu interior como a súa terraza mostra coidados detalles e ofrece un ambiente acolledor de trato familiar e persoal. Atópase na zona da Baldosa, rúa céntrica, peonil e moi animada.
Entre as especialidades deste establecemento destacan as carnes e os arroces. Conta cunha ampla terraza, xa que se atopa situado en plena zona peonil nunha das rúas máis buliciosas e clásicas de viños e tapas
Cun amplo comedor na primeira planta e terraza na rúa peonil da Baldosa, este establecemento ofrece comida caseira de elaboración propia, destacando a súa hamburguesa gourmet, o marisco da ría e carnes 100x100 galegas.
Local de decoración actual cun toque escandinavo, de ambiente agradable e relaxado, onde gozar desde un café ou coidados pratos a refrescantes cócteles e combinados, tanto no interior do establecemento como na súa tranquila terraza, situada na zona peonil.
En plena zona peonil do centro de Vilagarcía, este pequeno establecemento destaca polo seu ambiente agradable e familiar. Os seus abundantes pratos son elaborados cun toque moi tradicional, destacando da súa carta as “cazolas”. Polo seu emprazamento conta tamén con terraza.
Pequeno local de coidada decoración situado nunha zona peonil. Este establecemento ofrece produtos e alimentos tradicionais cunha preparación moderna e actual, entre os que destacan o crujiente de lagostinos e os tacos.
Con terraza en zona peonil, este pequeno e bulicioso establecemento ofrece gran variedade de tapas elaboradas con produtos da zona e unha ampla carta de viños.
Desde tapas orixinais elaboradas con produtos locais a outras máis internacionais, isto é o que ofrece a súa carta. As presentacións dos seus pratos son coidadas e singulares e poden gozarse tanto no interior do local como na súa relaxada terraza, aberta á zona peonil.
Establecemento de ambiente local, familiar e agradable con acolledora e sombreada terraza. Da súa cociña caseira, de mercado e de tempada destacan as empanadas de chopo e polbo.
Tapería situada no interior de Centro Comercial Arousa cun ambiente familiar e relaxado e unha variada carta na que destacan as hamburguesa de tenreira de 180 gr, a suprema de tenreira, a de pito, racións, tortillas, tostas, ensaladas e sobremesas caseiros, de elaboración propia con produtos frescos