Category

Vivila para coñecela

Andaina

/ / /
Establecemento amplo e luminoso, de ambientación cálida e acolledora, destaca polo seu trato amable e próximo. Carta ampla e variada elaborada con produtos de mercado.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Café Del Alma

Café del alma

/ / / /
Situado en pleno paseo marítimo, cunha ampla terraza con vistas á praia da Concha e a ría de Arousa, ofrece unha cociña tradicional con especialidades como a tosta de cogomelos, ovo de paspallás e xamón ibérico, ou a revolto da alma.
Gastronomía Vilagarcía Taperías Picoteo

El Picoteo

/ /
Establecemento con decoración tipo vinoteca de ambiente agradable e trato próximo. As súas exquisitas receitas tradúcense nunha selección de tapas e racións entre as que destacan a tortilla, a ensalada da casa, as luras á romana, o raxo, os mexillóns ao vapor ou os pementos de Padrón
Gastronomía Vilagarcía Taperías De Mercado

Demercado

/ / / /
Local asentado na zona peonil que traballa con suxestións elaboradas con produtos frescos do mercado, mariscos e peixes da ría.

As Eiras (Mesón)

/ / / / / / /
Situado preto da praia, de decoración rústica e ambiente familiar, ofrece entre as súas especialidades ameixas á mariñeira, peixes frescos, luras e chopos, entre outras delicias do mar.

Flora (Bodegón)

/ / / / / /
Establecemento cunha decoración típica de bodegón con madeira e barrís e un escudo en pedra de Vilaxoán, cun ambiente moi familiar e acolledor. Entre a súa cociña caseira e tradicional destacan a empanada do sábado e os callos do domingo. Dispón de xoguetes para os máis pequenos.

Loxe Mareiro (Restaurante)

/ / / / / /
Casa de comidas mariñeira acolledora de sinxelo ambiente rústico-actual, situado ao bordo da ría de Arousa, con terraza no paseo marítimo.

Loliña (mariscaría)

/ / / /
Con vistas sobre a ría e a Illa de Cortegada, ofrece unha ampla carta mariscos, peixes e ameixas de Carril en varias preparacións.

Casa Bóveda (mariscaría)

/ / / / /
Este restaurante, situado nunha casa centenaria fronte ao porto, ofrece unha ampla carta de produtos tradicionais e frescos.

Luchana (Mariscaría)

/ / / / /
A súa cociña tradicional xira ao redor dos arroces e guisos con moluscos e peixes da zona.
1 9 10 11 12 13 15
X