Este restaurante, situado no porto de Carril e con máis de corenta anos de historia, basea a súa cociña en mariscos e peixes, preparados con arroz ou en cazolas..
Ligado ao Hotel Carril, en pleno paseo marítimo, con ampla terraza e excelentes vistas, o restaurante Plácido ofrece un variado menú degustación segundo a oferta do mercado, elaborado a base de cociña tradicional cun toque moderno.
Situado preto da praia, ademais do típico churrasco tamén serve diversos peixes e carnes e caldo e cocido galego todos os mércores. As ceas de cuadrillas ou de traballo imprimen ambiente ao local.
Mentres se degusta a cociña caseira, na que destacan o polbo e os peixes, pode gozarse do mar a través das súas cristaleiras, que se asoman ao paseo marítimo.
Restaurante de comida tradicional chinesa cunha longa traxectoria (desde 1993). Foi o primeiro destas características na comarca. Situado no centro de Vilagarcía, cunha decoración típica chinesa e ambiente acolledor, as súas especialidades son o arroz tres delicias, os tallarines chineses e o pito con améndoas, todos realizados con produtos locais.
Restaurante acolledor con decoración moderna e excelentes vistas á praia da Concha. Cociña asiática (chinesa e xaponesa) da que destacan pratos como os tallarines en bandexa queimada, sushi, fideos chineses e rolos de primavera.
A suma de ingredientes de primeira calidade e o proceso de elaboración segundo as tradicións da alta gastronomía xaponesa, dá como resultado unha carta repleta de pratos que fan vibrar os sentidos.
Establecemento con terraza situado no centro de Vilagarcía, fronte ao parque de Miguel Hernández, con cociña rápida turca onde poderán degustar kebabs.