Local situado na buliciosa zona da Baldosa, con ampla terraza. Conta cunha variada oferta de viños da zona para acompañar os seus tradicionais e suculentas tapas.
Establecemento de orixinal decoración situado no núcleo comercial e peonil do centro da cidade, con terraza a dúas rúas. Os seus innovadores pratos, que se cambian cada tres meses, poden acompañarse dunha ampla e selecta variedade de viños e cervexas.
Local de coidada decoración náutica e moi acolledor, conta cunha pequena terraza. A súa carta de tapas, racións e sobremesas caseiros baséase na cociña tradicional galega, que pode acompañarse dunha ampla variedade de viños do país.
Local situado en plena avenida da Mariña, de ambiente tranquilo e agradable, no que se poden degustar bos viños acompañados de saborosas tapas, como o lombo asado “ á feira”, e bocadillos.
Localizado na zona peonil do Castro, ofrece unha ampla carta de cociña tradicional cun toque innovador, na que destacan os produtos da ría de Arousa, exquisitas carnes e unha selecta adega.
Pedra, madeira e cristal combínanse neste pequeno establecemento que ofrece unha selección de tapas baseadas en produtos da ría de Arousa, elaborados da forma máis caseira e tradicional. Pódense degustar tanto no seu tranquilo comedor como na súa acolledora terraza.
Localizado no centro histórico da vila, en plena zona peonil, polo que dispón dunha sosegada terraza. Na súa carta conta cunha ampla variedade de tapas ademais de menú do día. Ofrecen un trato moi personalizado.
Local situado na zona peonil do Castro, así que dispón dunha pequena terraza. Destaca pola tortilla e os callos que ofrece especialmente os días en que se celebra o mercado rueiro (martes e sábados).
Gastrotaberna situada na zona peonil da Baldosa, con decoración retro-industrial no que predomina o uso da madeira e o ferro combinándoo coa pedra vista. Posúe unha cociña aberta na que prima a calidade do produto.