Local situado en plena zona peonil cunha traxectoria de 30 anos. Utiliza produtos de primeira calidade, coidando o proceso de elaboración, que se realiza de forma artesanal e en obradoiro propio. Destacan entre os seus produtos o pan, os bolos, os pasteis e os bombóns, todo artesán.
Con terraza na praza de Galicia, a principal da cidade, este establecemento ofrece unha variada selección de produtos doces e salgados para degustar acompañados dun bo café, tanto de mañá como de tarde.