Situado en plena alameda, este establecemento caracterízase por ser un lugar acolledor e de trato próximo. A súa carta ofrece cociña Tex-Mex, entre outras, elaborada con produtos de primerísima calidade.
Entre as especialidades deste establecemento destacan as carnes e os arroces. Conta cunha ampla terraza, xa que se atopa situado en plena zona peonil nunha das rúas máis buliciosas e clásicas de viños e tapas
Con terraza en zona peonil, este pequeno e bulicioso establecemento ofrece gran variedade de tapas elaboradas con produtos da zona e unha ampla carta de viños.
A suma de ingredientes de primeira calidade e o proceso de elaboración segundo as tradicións da alta gastronomía xaponesa, dá como resultado unha carta repleta de pratos que fan vibrar os sentidos.